O Folión de Entroido da comezo á celebración do Entroido 2022, que continuará ata o vindeiro venres 4 de marzo

Maite Ferreiro: “este ano volven os concursos de disfraces que non puideron celebrarse no 2021 pola pandemia”

Os concursos de disfraces terán lugar na tarde do sábado 26 de febreiro (categoría infantil) e o 1 de marzo (categoría adulta)

Martes, 22 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Folión de Entroido da comezo á celebración do Entroido 2022, que continuará ata o vindeiro venres 4 de marzo

As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldesa do Concello de Lugo asistiron esta tarde ao Folión de Entroido, organizado pola Tradescola en colaboración coa área de Cultura, e que da comezo ás distintas actividades do Entroido 2022. “Con esta saída polo centro da cidade pretendemos que todo o público lle de a benvida ao Entroido e poda participar de maneira activa, acompañando os toques do folión e facendo posible que unha das tradicións máis fermosas do tempo de Entroido permaneza viva ao longo do tempo”, afirmou Maite Ferreiro.

"O Entroido 2022 conta en total con 15 actividades para distintos públicos, con animación musical e teatral na rúa", afirmou Maite Ferreiro, que destacou "a volta do concurso de disfraces que o ano pasado non se puido realizar debido á pandemia".

O venres 25, as actividades continuarán co Pregón do Entroido, a cargo do músico local David Taboada, que por primeira vez se realizará fóra do Salón de Plenos, facilitando o acceso da veciñanza a este acto. O Pregón terá lugar na praza Maior a partir das 20:00, e unha vez remate continuarase coa coa actuación musical da charanga Unión Phenosa polo recinto histórico.

O sábado 26 a animación comezará a partir das 12:30, coa actuación da Tambukada, que continuará ás 14:00, ambas actuacións pola zona centro.   A partir das 17:00, terá lugar o concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Kote Malabar, e a partir das 20:30, a charanga Asociación Amigos da Terra Chá.

O domingo 27 a praza Maior contará coa gala de circo de Entroido Introitus, interpretada por Culturactiva.

O luns 28, a compañía de teatro Down Lugo e Cía realizará o seu espectáculo Ti te me deixas querer? no fondo da praza Maior ás 19:00, e a partir das 20:30 a charanga OT animará as rúas do centro da cidade.

O martes 1 de marzo a partir das 12:30 sairá da praza Maior o espectáculo itinerante Pakonstein, a cargo da compañía Discípulos de Morales. Pola tarde terá lugar o concurso de disfraces en categoría adulta, a partir das 17:00 na praza Maior, e ás 18:30 a charanga Paradela realizará animación de rúa polo centro da cidade.

As actividades do Entroido rematarán o venres 4 co Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro.

Multimedia

  • O Folión de Entroido da comezo á celebración do Entroido 2022, que continuará ata o vindeiro venres 4 de marzo

Noticias relacionadas