O Festival Urban Cores Atlánticas albergará o vindeiro 25 de marzo exhibicións de skate, pintado de graffitis, batallas de galos e DJs

A iniciativa enmárcase na programación promovida polo Goberno de Lara Méndez con motivo da celebración da Capital da Cultura do Eixo Atlántico na capital lucense.

Lara Méndez destacou “o nivel desta cita na que participarán artistas de talla nacional como Israel B e unha representación do mellor talento urbano de Galicia e Portugal”.

Tamén haberá unha zona de catering e actividades deportivas en formato 3x3 para as que será precisa inscrición previa a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com

Xoves, 16 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Festival Urban Cores Atlánticas albergará o vindeiro 25 de marzo exhibicións de skate, pintado de graffitis, batallas de galos e DJs

O Festival Urban Cores Atlánticas, promovido polo Goberno de Lara Méndez no marco da programación da Capital da Cultura do Eixo, albergará o vindeiro sábado, 25 de marzo, na Rúa 8 de Marzo, nas inmediacións do centro comercial As Termas, exhibicións de skate, pintado de graffitis, batallas de galos ou actuacións en directo de DJs, “convertendo esta cita nunha oportunidade única para disfrutar da cultura urbana en todas as súas modalidades e expresións”, explicou a rexedora.

Lara Méndez destacou “a calidade e o nivel desta iniciativa na que participarán artistas de talla nacional como o rapeiro Israel B, un dos artistas máis en auxe do momento dentro do xénero urbano; así como unha representación do mellor talento local contando con Treze Trazos ou Concepto Circo e, por suposto, tamén do país luso, que estará representado polo grafiteiro Virus”.

Neste senso, a alcaldesa convidou a todos os lucenses “a achegarse e disfrutar do evento, que se celebrará ao longo do día, e que incluirá, así mesmo unha zona gastronómica e zona musical, na que se instalará un escenario con carpa e, a maiores, campionatos deportivos en formato 3x3 de fútbol sala, baloncesto e voleibol, ademais de exhibicións de skate”.

Todas as actividades serán de balde e abertas ao público e só será necesario inscribirse para as deportivas. O prazo para anotarse xa se atopa aberto a través da web: www.lugocapitaldacultura.com onde se pode atopar toda a información sobre o programa desta cita, así como do resto dos eventos da Capital da Cultura.

Ao longo da xornada sucederanse exhibicións de skate, actuacións en directo de DJs, batalla de galos, zonas de pintado de graffitis, con representación de artistas locais, como Treze Trazos, Concepto Circo, e portugueses, como Virus. Con este fin instalarase un autobús e varias furgonetas onde os e as artistas estarán todo o día pintando. A xornada finalizará co concerto a cargo de Israel B.

Programación da xornada

11.00h.- Comezo da exhibición de graffitis e arte urbano con: Yoe 33, Treze Trazos, M. Pereira, Otro Prisma e Virus.

  • Comezo do campionato de basket 3x3 (duración todo o día)
  • Comezo do campionato de fútbol sala 3x3 (duración todo o día)
  • Comezo do campionato de voleibol 3x3 (duración todo o día)
  • Comezo exhibición de skate (duración todo o día).
  • Comezo sesión DJ (todo o día) con: Nasa + FAT + Tropical Boyz

18.00h.-  Entrega de premios campionatos

18.30h.-  "Batalla de galos"

20.30h.-  Concerto de Israel B

Irsrael B

Raúl Marqués (Madrid), aka Israel B, é un dos rapeiros do momento, vén de acadar un Disco de Ouro co tema “Waoh” no que colabora co artista canario Quevedo. Tamén asinou outras colaboracións con artistas de talla internacional como C Tangana ou Delaossa.

Noticias relacionadas