O edil de Medio Ambiente denuncia un acto vandálico no parque Marcos Cela e fai un chamamento ao civismo e ao ocio responsable

Na madrugada do martes os participantes nun botellón destrozaron parte do novo valado instalado polo Concello hai escasamente dous meses.

Miguel Fernández: “Este tipo de comportamentos, inaceptables, danan a imaxe da cidade e supoñen, ademais, un custe elevado para as arcas municipais”

Operarios do Concello precintaron esta mañá a zona e, á maior brevidade posible, procederase ao arranxo e reposición do valado.

O edil avanzou que “nos vindeiros días comezarán os traballos de roza e acondicionamento de espazos verdes tanto neste parque como no dos Paxariños”.

Mércores, 18 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O edil de Medio Ambiente denuncia un acto vandálico no parque Marcos Cela e fai un chamamento ao civismo e ao ocio responsable

O tentente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, denunciou esta mañá un acto vandálico no parque Marcos Cela, despois de que a Policía Local detectase un botellón na madrugada do martes. Os participantes, que non lograron ser identificados, destrozaron parte do novo valado instalado polo Concello hai escasamente dous meses.

Neste senso, o edil fixo un novo chamamento ao civismo e ao ocio responsable, especialmente entre a mocidade. “Este tipo de comportamentos, inaceptables, danan a imaxe da cidade e supoñen, ademais, un custe elevado para as arcas municipais e, por ende, para os lucenses”, subliñou.

“Por iso, solicitamos a colaboración cidadá para denunciar este tipo de condutas máis que reprochables, que supoñen un deterioro dos elementos públicos e do patrimonio de todas e todos, e para para evitar que se repitan no futuro”, engadiu.

Miguel Fernández apuntou que “nesta mesma mañá persoal municipal procedeu a sinalizar a zona con cinta e, á maior brevidade posible, procederase ao arranxo e reposición do valado debido á situación de perigo que hai nesa zona pola pendente”.

Melloras no parque Marcos Cela

O Goberno de Lara Méndez renovou recentemente o valado perimetral externo da área infantil, cunha lonxitude total de 100 metros, e fixo un lavado dos chanzos de formigón existentes que dan acceso ao mesmo desde a vía, ao tempo que procedeu á execución dun novo bordo de formigón que asegurou ditas escaleiras, cunha lonxitude total de 150 metros. Por outra parte, no paseo propio que conecta este Parque coa Volta da Viña e a Avenida de Magoi se rehabilitaron 24 metros de cerca e se instalaron outros 100 metros a maiores.

Así mesmo, Miguel Fernández avanzou que “nos vindeiros días procederemos a efectuar a roza e mantemento das zonas verdes do parque Marcos Cela e tamén do parque dos Paxariños, para mellorar a comodidade e disfrute destes espazos públicos por parte da veciñanza”.

Audio

Multimedia

  • O edil de Medio Ambiente denuncia un acto vandálico no parque Marcos Cela e fai un chamamento ao civismo e ao ocio responsable
  • O edil de Medio Ambiente denuncia un acto vandálico no parque Marcos Cela e fai un chamamento ao civismo e ao ocio responsable
  • O edil de Medio Ambiente denuncia un acto vandálico no parque Marcos Cela e fai un chamamento ao civismo e ao ocio responsable

Noticias relacionadas