O director de CONFEMAC explicará ás asociacións de maiores de Lugo como se están xestionando as súas reivindicacións a nivel nacional

Vicente Pérez Cano participará no foro organizado por Benestar, coincidindo co Día das Persoas Maiores, que se desenvolverá no centro cultural O Vello Cárcere.

A finalidade deste encontro será explicarlles como se están xestionando as súas reivindicacións e os avances na consecución de dereitos para os maiores.

Ademais, ofrecerá unha conferencia maxistral sobre o envellecemento activo a partir das 17:30 horas. O acceso ás charlas será gratuíto e aberto ao público.

Venres, 30 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Vicente Pérez Cano participará no foro organizado por Benestar, coincidindo co Día das Persoas Maiores, que se desenvolverá no centro cultural O Vello Cárcere.     A finalidade deste encontro será explicarlles como se están xestionando as súas reivindicacións e os avances na consecución de dereitos para os maiores.     Ademais, ofrecerá unha conferencia maxistral sobre o envellecemento activo a partir das 17:30 horas. O acceso ás charlas será gratuíto e aberto ao público

O director da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC), Vicente Pérez Cano, manterá un encontro este sábado coas asociacións de maiores de Lugo, no marco das Xornadas promovidas pola Concellería de Benestar, que dirixe Olga López. Farao, para explicarlles como se están xestionando as súas reivindicacións a nivel nacional e os avances na consecución de dereitos para os maiores, co obxectivo de acadar unha igualdade plena co resto da poboación.

Pérez Cano ofrecerá, así mesmo, unha charla maxistral sobre o envellecemento activo, a partir das 17:30 horas. Será, polo tanto, un dos profesionais que interveña nas Xornadas de Traballo de Atención Sociosanitaria ás Persoas Maiores, que desenvolve o executivo de Lara Méndez, no centro cultural O Vello Cárcere, por terceiro ano consecutivo, coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores.

A celebración das xornadas planifícase ao redor de dúas conferencias maxistrais e tres mesas de traballo sobre a prevención da fraxilidade para acadar unha mellor calidade de vida das persoas maiores, diminuíndo os procesos de dependencia ou discapacidade, e os coidados da saúde, onde participarán prestixiosos profesionais, galegos e de ámbito nacional, en xerontoloxía e enfermería, traballadoras sociais e responsables de centros de día. O obxectivo do foro é realizar una reflexión sobre como mellorar os mecanismos para acadar unha poboación maior máis autónoma e con maior capacidade funcional.

Mesas de detección de fraxilidade

Xunto coa celebración das charlas, a área de Benestar, porá en marcha mesas de detección de fraxilidade cognitiva e funcional, a cargo de profesionais sanitarios do HULA. “Estas mesas estarán instaladas a carón do Vello Cárcere, na Praza Nemesio Cobreros, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas”, lembrou a concelleira.

“A través desta iniciativa, médicos de xeriatría do HULA realizarán unha valoración de fraxilidade, tanto cognitiva como motora, a todas as persoas interesadas e, nos casos nos que detecten riscos de caídas e fracturas ou de deterioro no coñecemento, informarán de como proceder e as precacucións a ter en conta”, explicou a edil.

Olga López explicou que “as mesas realizaranse en paralelo á celebración das charlas e conferencias que terán lugar no Vello Cárcere e nas que participarán recoñecidos expertos galegos e a nivel nacional, coa finalidade de abordar temas clave para o envellecemento activo, de forma moi asequible para a poboación maior de 65 anos, un colectivo que representa o 22% da poboación de Lugo”.

Programa das xornadas

As xornadas terán carácter aberto e gratuíto, polo que a concelleira convidou a todas as persoas a participar, e lembrou, ademais que, tras as mesmas, ás 19.30 horas, o Concello celebrará unha chocolatada popular con baile no Cantiño Nemesio Cobreros.

Tras a inauguración, que presidirá a alcaldesa de Lugo, ás 9.00 horas, José Augusto Garíca, presidente da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía, falará sobre as oportunidades e ameazas para un envellecemento exitoso.

Nas mesas de debate posteriores participarán expertas do Servizo de Xeriatría do HULA como a xefa do Servizo, María del Rocío Malfeito; a médica especialista Beatriz Ares, a médica interna Vanessa Álvarez; e a xeriatra Laura Gamonal; así como María Zuluaga, xefa de sección do Servizo de Benestar Social do Concello de Lugo, ou Dolores Moure Rodríguez, traballadora social do HULA, entre outros.

A charla maxistral correrá a cargo de Vicente Pérez Cano, director da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC), e José María Faílde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, pechará as xornadas.

Multimedia

  • Vicente Pérez Cano participará no foro organizado por Benestar, coincidindo co Día das Persoas Maiores, que se desenvolverá no centro cultural O Vello Cárcere.     A finalidade deste encontro será explicarlles como se están xestionando as súas reivindicacións e os avances na consecución de dereitos para os maiores.     Ademais, ofrecerá unha conferencia maxistral sobre o envellecemento activo a partir das 17:30 horas. O acceso ás charlas será gratuíto e aberto ao público

Noticias relacionadas