O executivo de Lara Méndez celebra a participación e o compromiso dos clubs deportivos nos festexos patronais.
Os eventos deportivos desenvolvera entre o 25 de setembro e o 17 de outubro e reunirán a máis de 10.000 persoas.

O Goberno de Lara Méndez a través da Concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, apoia o amplo número de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade de Lugo e que concentrarán a máis de 10.000 persoas.
“Xa nos tocaba volver a presentar este tipo eventos, todos eles incluídos no programa do San Froilán, despois de máis dun ano no que pasamos momentos moi complicados pola pandemia. Quero agradecer o esforzo e a implicación clara e decidida dos clubs deportivos do concello para levar a cabo alternativas deportivas para a cidadanía nestas datas tan sinaladas para os lucenses” destaca o edil.
Un total de 15 citas deportivas de diferentes modalidades completarán a programación de actividades, entre as que atoparemos o partido de volta da primeira xornada da Copa de Europa feminina que disputará o Ensino, un torneo de boxeo que terá lugar no ximnasio do Polideportivo Municipal do Pombal, o triangular amigable de pretempada entre o Club Xavarin Lugo, tamén o C.V. Pontevedra e o Narón xogarán o primeiro partido da Superliga, unha concentración atlética de saltadores de lonxitude, tripla, altura e pértega de toda Galicia nunha superficie adaptada para a ocasión con trofeos e premios en metálico para os mellores, o primeiro campionato internacional de petanca, que contará ca participación de varias federacións españolas procedentes de Galicia, Asturias, Castela León asi como equipos procedentes de Portugal e como non o cuarto encontro da liga ACB que disputa o CB Breogán ou 9ª xornada de liga do CD Lugo no Anxo Carro.
Eventos deportivos que terán lugar entre o 25 de setembro e o 17 de outubro na cidade de Lugo os cales reunirán a máis de 10.000 persoas entre deportistas e afeccionados e deberán cumprir todas as normativas sanitarias vixentes, derivadas da crise sanitaria.
O Concelleiro de Deportes rematou explicando que “O deporte será un dos principais protagonistas do San Froilán, o obxectivo é promover a participación dos veciños nun calendario de actividades que contempla moitas das disciplinas deportivas que se practican no noso municipio”.
Eventos deportivos:
DEPORTE |
CLUBE ORGANIZADOR |
DATA |
HORARIOS |
COMPETICION |
LUGAR |
CICLISMO RUTA |
C.C. CIDADE DE LUGO |
25/09/2021 |
16:30 |
GRAN PREMIO CICLISTA SAN FROILAN |
RUA ROF CODINA |
JUDO |
JUDO LUGO |
25/09/2021 |
12:00 |
46 TORNEO DE JUDO SAN FROILAN |
PABILLON MUNICIPAL DOS DEPORTES |
BALONCESTO |
COPA EUROPEA FEMENINA |
30/09/2021 |
20:15 |
ENSINO -MAGNOLIA BASKET |
PAZO UNIVERSITARIO DOS DEPORTES |
BALONCESTO |
LIGA FEMININA |
02/10/2021 |
19:15 |
ENSINO - BALONCESTO LEGANES |
PAZO UNIVERSITARIO DOS DEPORTES |
BOXEO |
BOXING CLUB CIDADE DE LUGO |
02/10/2021 |
16:00 |
VI TORNEO SAN FROILAN |
POLIDEPORTIVO O POMBAL |
VOLEIBOL |
XABARIN VOLEI LUGO |
02/10/2021 |
10:00 |
I TORNEO DE VOLEIBOL SAN FROILAN |
POLIDEPORTIVO O POMBAL |
VOLEIBOL |
SUPERLIGA MASCULINA |
02/10/2021 |
17:00 |
ARENAL EMEVE - CV PALMA |
PABILLON MUNICIPAL DOS DEPORTES |
BALONCESTO |
LIGA ACB |
03/10/2021 |
12:30 |
C.B. BREOGAN -REAL BETIS |
PAZO UNIVERSITARIO DOS DEPORTES |
BILLAR |
TIEMPOS MODERNOS |
09/10/2021 |
16:00 |
OPEN SAN FROILAN DE BILLAR POOL |
TIEMPOS MODERNOS |
FUTBOL |
2ª DIVISION LIGA SMARTBANK |
09/10/2021 |
16:00 |
CD. LUGO - GIRONA |
ESTADIO ANXO CARRO |
GOLF |
CLUBE GOLF LUGO |
09/10/2021 |
10:00 |
XXV TORNEO DE GOLF SAN FROILAN |
CLUB GOLF LUGO |
VOLEIBOL |
LIGA IBERDROLA |
09/10/2021 |
17:00 |
ARENAL EMEVE - RIOJA VOLEY |
PABILLON MUNICIPAL DOS DEPORTES |
DARDOS |
TIEMPOS MODERNOS |
10/10/2021 |
16:00 |
OPEN SAN FROILAN DE DARDOS |
TIEMPOS MODERNOS |
SOFTBOL |
CBS MARINEROS LUGO |
10/10/2021 |
10:00 |
XVII COPA SOFTBALL SAN FROILAN |
CAMPO MUNICIPAL DE BEISBOL DO CEAO |
ATLETISMO |
LUCUS CAIXA RURAL GALEGA |
12/10/2021 |
17:00 |
SALTAR NA RUA |
APARCADOIRO GUSTAVO FREIRE |
PETANCA |
CLUB PETANCA MURALLA |
12/10/2021 |
9:30 |
I TORNEO INTERNACIONAL SAN FROILAN DE PETANCA |
PISTAS MUNICIPAIS DE FRIGSA |
BILLAR |
TIEMPOS MODERNOS |
17/10/2021 |
16:00 |
OPEN SAN FROILAN DE BILLAR POOL (FINAL) |
TIEMPOS MODERNOS |
Audio
- A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre os eventos deportivos no San Froilan | Descargar mp3