O concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social ten novo gañador, tras a renuncia do anterior vencedor

Mércores, 30 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concurso de graffiti que convocou Benestar Social e FADAS para visibilizar o Lugo social ten novo gañador, tras a renuncia do anterior vencedor

O concurso de graffiti que convocou a área de Benestar Social, que dirixe Olga López, e a Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) para visibilizar o Lugo social ten novo gañador. O anterior vencedor decidiu renunciar, polo que o xurado cualificador volveuse reunir onte, martes 29 de decembro, e propuxeron, dada dita renuncia,  pasar o 2º, 3º e 4º premio outorgado na súa primeira liberación, ao 1º, 2º e 3º premio; quedando a resolución final do seguinte xeito:

Título da obra: Fusión de melloras, do autor Daniel Fernández Vargas

Título da obra: Dar apoio de  Anna Repullo Vique

Título da obra: Construír, coidar e disfrutar; de Miguel Cajaraville Mosquera

Segundo o propio autor, Fusión de melloras representa toda a axuda que brinda cada unha das persoas voluntarias das asociacións (de aí as mans abertas), unha función que toda a cidadanía debería apoiar. De aí a cabeza aberta, que se pecha grazas a esas mans que a están unindo para estar todos ao mesmo: axudar. A cabeza da muller representa a todo o mundo, xa que sen as mulleres non se podería nacer e as flores e follas son unha pequena parte representando a natureza.

Os premios, que concede a área de Benestar Social, consisten nun primeiro de 1.000 euros e realizar a obra nun muro dun edificio municipal ou espazo público, un segundo de 500 euros e un terceiro, de 200 euros.  Ao resto de obras preseleccionadas, un total de 4 (presentáronse 8 deseños), FADAS concederalle un vale de compra de materiais por valor de 100 euros.

Benestar Social e FADAS convocaron dito certame para enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo, ao tempo que se fomentou a arte urbana e se sensibilizou á cidadanía sobre o labor do voluntariado que existe en ditos colectivos.

+INFO

Nova Acta Xurado | Descargar Pdf

Noticias relacionadas