O Concello súmase á concentración da Comunidade Colombiana de Lugo para condenar o asasinato de Cristina Cabo

Domingo, 04 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello súmase á concentración da Comunidade Colombiana de Lugo para condenar o asasinato de Cristina Cabo

O Concello de Lugo secundou este domingo a concentración organizada pola Comunidade Colombiana na cidade para condenar, de forma unánime, o asasinato da lucense Cristina Cabo Buján.
 
A rexedora, Lara Méndez, quixo trasladar, en nome da Corporación Municipal, a máxima repulsa a este crime que mantén, aínda, á cidade totalmente consternada.
 
Durante o acto, a alcaldesa incidiu na importancia de seguir traballando dende todas as institucións co obxectivo de atallar todo tipo de violencias.
 
“Dende a educación, a familia, a seguridade e protección das persoas afectadas e tamén no marco legal. Pero, sen dúbida, resulta fundamental visualizar tamén, dun xeito contundente, o rexeitamento xeral da sociedade a todas as agresións, contribuíndo así a evitar que un episodio tan tráxico, que acarrea tanta dor e que resulta totalmente inxustificado poida repetirse”.
 
Lara Méndez aproveitou a ocasión para reiterar as condolencias de toda a veciñanza á familia e coñecidos da vítima e aplaudiu a rápida resolución do caso que permitiu deter con axilidade ao culpable dos feitos, ao tempo que instou a non estigmatizar, polos mesmos, a unha comunidade integrada na sociedade lucense e que forma parte de maneira activa e positiva na vida da cidade

Multimedia

  • O Concello súmase á concentración da Comunidade Colombiana de Lugo para condenar o asasinato de Cristina Cabo

Noticias relacionadas