O Concello reforza o día 1 de novembro o servizo de autobús urbano ao cemiterio municipal

Haberá dous buses, dende as 09:30 ás 19:00 horas, con saída dende sindicatos cada 20 minutos, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Volta da Viña, Estrada Vella de Santiago

A Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, organizou para ese mesmo día unha xornada de música clásica, tanto en quenda de mañá como de tarde

Xoves, 25 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello reforza, coma en anos anteriores, o servizo de autobús urbano que cubre a ruta ao cemiterio municipal de San Froilán o Día de Todos os Santos, para facilitarlles aos veciños e veciñas o desprazamento ao camposanto nestas datas sinaladas. Así, haberá dous buses, dende as 09:30 ás 19:00 horas, con saída dende sindicatos, cada 20 minutos, por Ronda da Muralla, rúa Santiago, Volta da Viña, Estrada Vella de Santiago e cemiterio, e viceversa.

Actividades culturais

A Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, organizou para ese mesmo día unha xornada de música clásica, tanto en quenda de mañá como de tarde. Ao día seguinte, o 2 de novembro, celebrarase a tradicional ofrenda floral que a Corporación Municipal lle fai aos defuntos, a partir das 17:00 horas.

O día 5 de novembro, o cemiterio municipal, que celebra o seu 70 aniversario, acollerá o concerto da soprano Noemi Mazoy, dende as 20:00 horas. É unha actividade gratuíta pero é necesario retirar invitación na Sección de Cemiterios, na Ronda da Muralla, 197.

A entidade local tamén preparou unha visita guiada teatralizada, a cargo de Achádego Teatro, o día 11 de novembro, dende as 17:00 horas, e a representación da obra de Don Juan Tenorio, da man da Aula de Teatro da USC, o 27 de novembro, ás 21:00 horas. Para estas dúas actividades tamén é necesario retirar invitación.

Noticias relacionadas