O Concello recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez, "todo un exemplo de superación"

Lara Méndez e Miguel Fernández recibiron ao deportista, pertencente á asociación Down Lugo, que será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás persoas participantes no I Medio Maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o 14 de maio

Venres, 28 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez, "todo un exemplo de superación"

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, recibiron este venres ao nadador lucense Mauro Rodríguez, "todo un exemplo de superación", tal e como recoñeceu a rexedora. Á recepción tamén asistiron representantes dos grupos municipais de Lugonovo e do Partido Popular, así como familiares e amigos deste deportista, pertencente á asociación Down Lugo.

No acto, Lara Méndez enxalzou a traxectoria de Rodríguez, quen no pasado ano conseguiu ser campión galego e medalla de ouro en 50 e 100 metros brazas, campión nacional e medalla de ouro en 200 metros mariposa e 400 libres, con récord de España nos libres; subcampión e medalla de prata en 100 mariposa, e medalla de bronce en 400 estilos e 200 libres. No que vai de 2017, Mauro Rodríguez xa se proclamou campión nacional en 100 e 200 metros mariposa, tamén con récord en España de mariposa, medalla de prata en 400 metros libres e medalla de bronce en 200 libres, unha fazaña que Méndez agarda que sirva para eliminar barreiras. A Alcaldesa, quen lle desexou moitos éxitos nas novas competicións que ten por diante, convidouno a dar o pistoletazo de saída ao I Medio Maratón que acollerá a cidade o vindeiro 14 de maio, e no que xa hai inscritos unhas 500 persoas.

Multimedia

  • O Concello recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez, "todo un exemplo de superación"

Noticias relacionadas