O Concello pon a disposición dos mozos lugueses 7 novas alternativas de lecer

Trátase de cursos de fotografía e talleres de creación audiovisual gratuítos, ademais de deportes na rúa. Os interesados nalgún dos obradoiros poden inscribirse na Casa da Xuventude. Para os deportes, a participación é aberta

Luns, 16 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello pon a disposición dos mozos lugueses 7 novas alternativas de lecer

Deportes na rúa, cursos de fotografia e obradoiros de creación audiovisual. Estas son as novas alternativas gratuítas que o Concello pon a disposición dos mozos e mozas luguesas de cara ao verán, enmarcadas no programa +Xtí de prevención do consumo de drogas. En concreto trátase de Parkour, Street Work Out e Acrosport, tres deportes que se poderán practicar o venres, 27 de maio na Praza Horta do Seminario, o vernes 10 de xuño na Praza do Castiñeiro, e o venres 1, 15 e 29 de xullo no Parque Rosalía de Castro, na Praza de Augas Férreas e novamente no Parque, respectivamente. O horario será, en todos os casos, de 17:00 a 20:00 horas. A participación nestas actividades de rúa é aberta.

No que se refire aos cursos de fotografía, a entidade local oferta un curso de iniciación á fotografía dixital e un curso de fotografía timelapse e 360º, que terán lugar do 1 ao 14 de xullo e do 15 ao 29 de xullo, respectivamente, en horario de luns a venres, das 11:00 ás 14:00 horas na Casa da Xuventude. Todos os interesados poden inscribirse do 20 ao 29 de xuño neste mesmo emprazamento. No caso de ser maior o número de solicitudes que prazas ofertadas, 15 cada un, celebrarase un sorteo público na Casa da Xuventude o día 30 de xuño ás 10:00 horas.

Por último, no que está relacionado coa creación audiovisual, os mozos e mozas poderán realizar un taller de vídeo creación ou un obradoiro de iniciación á curtometraxe. Estas actividades realizaranse os días 4, 6, 8, 11, 13, 15, 18 e 20 de xullo, en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e os días 3, 4, 10 e 11 de xuño, na Casa da Xuventude, en xornada de mañá e tarde. Os interesados poden inscribirse na Casa da Xuventude.

Segundo indicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, a entidade local ofrece ao longo do curso e en períodos estivais actividades de lecer para que a mocidade empregue o seu tempo de ocio en aprender novas habilidades deportivas ou sociais, ao tempo que se relacionan con outros mozos da súa idade.

Audio

Multimedia

  • O Concello pon a disposición dos mozos lugueses 7 novas alternativas de lecer
  • O Concello pon a disposición dos mozos lugueses 7 novas alternativas de lecer
  • O Concello pon a disposición dos mozos lugueses 7 novas alternativas de lecer

Noticias relacionadas