O Concello oferta 250 prazas en 16 actividades distintas dirixidas á xuventude no último trimestre do ano

Carmen Basadre presentou a nova programación para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que arrincarán o 21 de setembro

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse dende hoxe na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é diferente para cada actividade, poden consultarse nas propias instalacións, no 010 ou na web www.lugo.gal

O sábado 30 de setembro, Lugo celebrará o Día da Mocidade Inqueda, dende as 10:30 horas na Casa da Xuventude

Luns, 11 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello oferta 250 prazas en 16 actividades distintas dirixidas á xuventude no último trimestre do ano

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este luns os novos talleres para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que o Concello de Lugo organiza para o que queda de ano. A entidade local oferta unhas 250 prazas para participar nunhas 16 actividades que se desenvolerán dende o 21 de setembro ata decembro na Casa da Xuventude. Tamén contempla distintas rutas, cuxo punto de partida tamén son as instalacións de xuventude.

Deste xeito, o Concello ofrécelle alternativas distintas á mocidade para que dedique o seu tempo de lecer en aprnder novas habilidades mentres están en contacto con outros mozos e mozas da súa idade. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse dende hoxe na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, que é diferente para cada actividade, poden consultarse nas propias instalacións, como no 010 ou na web www.lugo.gal.

Grazas a estes talleres, os mozos e mozas terán a oportunidade, unha vez máis, de preparar os exames de inglés First, así como practicar pilates, baile latino ou familiarizarse coas técnicas da cociña. Tamén poderán realizar distintas andainas gratuítas de sendeirismo: a ruta da auga, a ruta da fervenza e a ruta das chousas. Un curso para personalizar tazas ou mochilas, outro para construír a marca persoal ou de realización de curtametraxes, así como de capoeira e acobracias e teatro en inglés son outras das alternativas. O Horto Urbano da Casa da Xuventude tamén terá un espazo nestas actividades.  

Asesorías xuvenís

Carmen Basadre aproveitou a presentación destas actividades para lembrar os horarios da asesoría xuvenil xurídica e psicolóxica que o Concello ten en marcha no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. A xurídica funcionará os luns e mércores, de 19:30 a 21:00 horas, e a psicolóxica, os martes e venres, de 18:00 a 20:00 horas.

Casa das Linguas

O Concello tamén ofrece a oportunidade de aprender inglés, alemán, francés e portugués nas Casas das Linguas María Balteira e Estrada da Granxa. O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, 14 de setembro nas propias instalacións onde desexen aprender idiomas.

Día da Mocidade Inqueda

Tal e como anunciou Basadre, o sábado 30 de setembro, Lugo celebrará o Día da Mocidade Inqueda, dende as 10:30 horas na Casa da Xuventude. En xornada de mañña celebrarase un obradoiro audiovisual, no que se realizará unha curtometraxe con temática saudable, e un programa de radio, que leva por nome Deporte en Liña. Xa en xornada de tarde, terá lugar unha sesión teatral, que versará sobre o ciberacoso, e por útlimo, un encontro con Arce, un rapero compostelano.

Documento

  • Actividades distintas dirixidas á xuventude no último trimestre do ano | Descargar pdf

Audios

 

Noticias relacionadas