O edil Mauricio Repetto anima á xuventude a inscribirse na programación deste outono, “coas que queremos darlle alternativas de ocio divertidas, saudables e nas que aprendan”.

As persoas interesadas poden inscribirse en http://formulario.xuventudelugo.gal/
O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, lanza para este outono actividades para impulsar entre a mocidade lucense hábitos de vida saudable vinculadas co deporte e unha boa alimentación, así como co uso responsable da moda.
“Tratamos con todas estas actividades darlle alternativas de ocio á xuventude de Lugo que sexan divertidas e que ao mesmo tempo lles axude a adquirir hábitos sans e sostibles, incluso desde un punto de vista medioambiental, de acordo o modelo de cidade no que estamos a traballar”, sostivo o concelleiro.
As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude e as persoas interesadas poderán inscribirse en http://formulario.xuventudelugo.gal/.
Actividades:
Obradoiro de moda circular, que busca ensinar á mocidade a darlle unha nova vida ás prendas de roupa que xa non utilizan.
- Datas: do 4 ao 25 de de novembro.
- Días e horas: os venres, de 17.00 a 20.00 horas.
- Numero participantes : 20
Deportes:
Clases de zumba
- Datas: do 7 de novembro ao 19 de decembro
- Días e horas: luns, de 20.15 a 21.15 horas.
- Número de participantes: 12
Ioga
- Datas: Dende 2 de novembro ata o 21 de decembro
- Días e horas: mércores, de 20.15 a 21.15 horas
- Número participantes : 12
Escalada
- Lugar: Rocódromo de Lugo
- Datas: os días 5 e 27 de decembro.
- Participantes: 18 cada día
Rutas de senderismo
- 5 de novembro: O Courel: Devesa da Rogueira e Pico Formigueiros
- 19 de novembro: Travesía do Faial da Pintinidoira
- 3 de decembro: Travesía Val de Lóuzara
- 17 decembro: Belén de Cumio. Ancares Lucenses. Pico 3 Bispos
Saída : Casa da Xuventude
Participantes : 26 persoas
Rutas- E-Bike
Catro rutas, que saíran ás 10.00 horas da Praz Pío XII para un total de 48 participantes:
- Datas: 20 e 27 novembro, e 4 e 11 de decembro
- Grupos de 12 persoas.
Tenis de mesa
- Datas: Dende o 4 de novembro ata o 23 de decembro.
- Horario : de 18.00 a 21.00 horas.
- Participantes : 24 persoas.
Outras actividades
Charlas de nutrición
- Martes, 22 de novembro, as 17.00 horas: ‘Alimentación e diabetes, Como manexar a enfermidade’.
- Martes,13 de decembro, ás 17.00 h: ‘Colesterol e triglicéridos, o seu manexo a través da nutrición’.
Lasser Tag
- Data : 18 de decembro.
- Horarios: Dende ás 10.00 horas ata ás 17.00 horas.
- Participantes: Grupos de 12 persoas cada hora.
Obradoiro de percusión
- Datas: Dende o 4 de novembro ata o 23 de decembro.
- Horario : de 18.00 a 20.00h.
- Participantes: 15 persoas.