O Concello invitará a Madrid e Oviedo a revivir o pasado romano de Lugo co Arde Lvcvs

Carmen Basadre viaxará mañá á Casa de Galicia e o mércores, xunto á Alcaldesa e acompañadas pola Guardia Pretoriana, ao Auditorium Príncipe Felipe

Luns, 06 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo presentará o Arde Lvcvs mañá martes en Madrid e o vindeiro mércores en Oviedo. Así o anunciou este luns a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen viaxará mañá á Casa de Galicia e o mércores, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e acompañadas pola Guardia Pretoriana, ao Auditorium Príncipe Felipe, para promover estes festexos, que terán lugar do 16 ao 19 de xuño.

Tal e como deu a coñecer Carmen Basadre, trátase dunhas viaxes que teñen como obxectivo promover fora da Galicia estes festexos de recreación histórica para conseguir a declaración como Festa de Interese Turístico Nacional, así como para animar a todos os madrileños e asturianos a achegarse ao Arde Lvcvs e que gocen, cos lugueses, do pasado romano da cidade.

Noticias relacionadas