O Concello inviste preto de 20.000 euros na adquisición de material para a Escola Municipal de Música

Manuel Núñez informou da adquisición de dous trombóns, un piano, 1.000 cd´s deseñados e unha taquilla para mellorar a impartición das distintas materias

Sábado, 22 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou da adquisición de diverso material para a Escola Municipal de Música de Lugo, no que se realiza unha inversión por un importe de preto de 20.000 euros.

Tal e como indicou o edil, a entidade local mercou dous trombóns aos que destinou 12.160 euros, un piano por importe de 4.900 euros, 1.000 cd´s deseñados nos que se investiron 1.973,27 euros e unha taquilla por 356,95 euros.

Estas adquisicións de material súmanse a outras que realizou recentemente o Concello e responden á petición realizada polo profesorado da escola e para mellorar a impartición das distintas materias, así como a calidade da ensinanza.

A Escola Municipal de Música de Lugo conta actualmente con máis de setecentos estudantes e máis de mil matrículas nos diferentes cursos ofertados.

Noticias relacionadas