O Concello impulsa a inclusión laboral de 20 desempregados perceptores da RISGA nas brigadas de obra municipais

Ana Abelleira indicou que a entidade local iniciará de inmediato a tramitación para a contratación, durante 7 meses, de 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado, a través do programa Conserva-Lugo

Xoves, 11 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo impulsa a inclusión laboral de 20 desempregados en situación de risco ou exclusión social, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, a través do programa Conserva-Lugo. Así o deu a coñecer este xoves a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, quen indicou que o Concello vai a iniciar de xeito inmediato a tramitación para a contratación de 20 persoas, cunha duración do contrato de sete meses a media xornada, para realizarar tarefas de limpeza e mantemento de sendeiros e roteiros turísticos municipais, así como de mantemento viario nos entornos dos edificios municipais, instalacións deportivas, colexios ou o propio cemiterio municipal, entre outros.

“Este Goberno é o das persoas, por iso traballamos na creación do emprego, que é unha da nosa acción principal xunto ao benestar social, e neste caso van as dúas nosas prioridades básicas da man”, subliñou a edil, ao tempo que lembrou que o de Lugo é o Concello que máis inviste en políticas sociais en Galicia e o cuarto de España, destinando un 21% do orzamento total, uns 19 millóns de euros ao benestar social.

Tal e como indicou a edil, o programa que busca facilitar a inserción de dempregados lucenses e ao mesmo tempo contribuir á conservación e mellora dos servizos públicos, vén de recibir unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de máis de 141.000 euros, equivalente aos custos salariais da contratación de 16 peóns, 3 oficiais e 1 encargado.

Nos próximos días o Concello realizará unha petición de posibles candidatos ao Servizo Público de Emprego e, posteriormente, unha comisión mixta, formada por técnicos do Concello e da Consellería, encargarase do proceso de selección dos traballadores contratados.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a inclusión laboral de 20 desempregados perceptores da RISGA nas brigadas de obra municipais | Descargar mp3

Noticias relacionadas