O Concello impulsa (Con) trato feito!, o primeiro plan de emprego 100% municipal que subvenciona a contratación de desempregados lucenses

“O Goberno de Lugo só ten unha prioridade, as persoas”, asegurou a Alcaldesa na presentación deste novo plan dotado de 1.150.000 euros, cuxas bases serán aprobadas na vindeira Xunta de Goberno

Lara Méndez explicou que a través deste plan, “buscamos desenvolver actuacións eficaces que faciliten a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no munipio, axustando a oferta á demanda real”

A entidade local subvencionará a contratación durante 1 ano de parados do municipio en empresas ou asociacións sen ánimo de lucro. A selección atenderá principalmente á defensa dos dereitos dos traballadores

Venres, 02 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello impulsa (Con) trato feito!, o primeiro plan de emprego 100% municipal que subvenciona  a contratación de desempregados lucenses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou este venres o novo plan de emprego que pon en marcha o Concello. Trátase de (Con) trato feito!, “o primeiro plan de emprego 100% municipal, dotado con 1.150.00€, do montante total dos 5 millóns de euros destinados á creación de emprego nos orzamentos, co que buscamos desenvolver actuacións eficaces que faciliten a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no munipio”, destacou a rexedora.  

“O Goberno de Lugo só ten unha prioridade, as persoas. Así o dixen no discurso de investidura e dígoo 1 ano despois”, asegurou a rexedora na presentación do plan de emprego, quen lembrou que o Concello, aínda que non teña competencias, dá un paso á fronte e propón unha solución para o maior problema que éxiste, que segundo o CIS, é o desemprego, así como para unha das 6.926 persoas que sofren a lacra do desemprego no municpio, “unha situación complexa se temos en conta a realidade do Concello”, segundo a rexedora.

Tal e como subliñou Méndez, (Con) trato feito! é un plan de emprego novidoso neste Concello, aínda que xa se levaron a cabo outras iniciativas nos últimos anos, como as diferentes convocatorias de Axudas do Plan Urban, as Axudas ás Micropemes, o apoio a novos investimentos e fomento da creación de emprego, ou a creación do CEI-NODUS, en funcionamento dende o ano 2004. Este plan está dirixido a todos as empresas e entidades do municipio, así como aos desempregados lugueses.

Dúas liñas de subvencións
A Alcaldesa explicou que (Con) trato feito!, que axusta a oferta á demanda real, contempla dúas liñas de subvencións, unha destinada para empresas, dotada con 920.000 euros, e outra para entidades sen ánimo de lucro, duns 230.000 euros.

“Somos o Goberno que máis se parece a Lugo, por iso sacamos este plan de emprego e non outro”, subliñou a rexedora, ao tempo que lembrou que Lugo ten 9591 empresas con menos de 10 traballadores das 10.000 que hai, isto é o 96% do total, “Sacamos este plan para elas, porque é o plan que máis se parece a Lugo”, indicou a rexedora.

En canto á liña de asociacións, Lara Méndez manifestou que Lugo ten un elemento diferenciador con respeto a outras cidades, os movementos asociativos; e de aí o apoio do Concello ás asociacións con este plan de emprego polo seu traballo desenvolvido.

Gastos subvencionables
Poderán ser entidades beneficiarias da primeira das liñas ás microempresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios non supere os 2 millóns de euros.

En ambos casos, soamente se entenderá como subvencionable a contratación dun traballador como máximo por entidade, por un máximo dun ano. As entidades deberán asinar co traballador un mínimo de 12 meses, en xornada laboral a tempo completo ou a media xornada. Favorecerase a continuidade destes traballadores despois desta axuda por 1 ano, puntuándose máis alto o compromiso das entidades e colectivos para continuar o contrato posteriormente.

Para a primeira das liñas, dirxida ás empresas, serán subvencionables o 70% dos custos salariais e de cotización empresarial á seguridade social –en base aos convenios colectivos existentes que rexen dentro do marco lexislativo- e para a segunda, asociacións, o 100% dos custos salarias, entendendo que teñen menos capacidade económica. Crearanse un cento de empregos, unha cifra, que segundo explicou a rexeedora, dependerá da oferta real de emprego.

Exlúense destes beneficios ás persoas traballadoras que nos 6 meses anteriores á data de contratación prestasen servizos na mesma empresa ou asociación. Quedarán excluídas tamén as entidades en concurso ou con despidos improcedentes.

Prazos
A Xunta de Goberno do vindeiro mércores aprobará as bases do (Con) trato feito!. Posteriormente, serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia. Ao día seguinte da publicación no BOP, abrirase un prazo de 20 días naturais para a presentación de solicitudes das empresas e entidades sen ánimo de lucro. Toda a información estará ao acceso dos intereseados en www.lugo.gal e no 010.

Criterios de selección
A selección de empresas ou entidades, que será en réxime de concorrencia competitiva, atenderá a criterios como:

  • Continuidade da relación laboral da persoa contratada unha vez rematado o período subvencionable
  • Entidades que apliquen cláusulas sociais nos contratos de traballo do seu cadro de persoal ou que contemple outra melloras que redunde en beneficio do traballador
  • Horario flexible, para favorecer medidas de conciliación familiar
  • A oferta ao contratado de bolsas de estudo, plan de pensións ou seguros médicos
  • Colectivos desfavorecidos, como parados de longa duración, mulleres, ou maiores de 50 anos

As solicitudes de subvencións serán resoltas no prazo máximo dun mes.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o impulso do Concello ao plan de emprego (Con) trato feito | Descargar mp3

Noticias relacionadas