O Concello formará a 35 emprendedores lucenses en comunicación dixital a través dun curso online e gratuíto impartido por Mar Castro

A acción formativa incluirá cinco sesións de videoconferencia do 10 ao 19 de agosto en horario de 15:30 a 17:00 horas e unha sesión de asesoría individual
 
Estará impartido pola lucense Mar Castro, Doutora en Comunicación, cunha dilatada traxectoria e experiencia profesional

Mércores, 29 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello formará a 35 emprendedores lucenses en comunicación dixital a través dun curso online e gratuíto impartido por Mar Castro

O Goberno de Lara Méndez dá un paso máis na súa aposta pola formación e especialización dos emprendedores e emprendedoras lucenses, como resposta á crise derivada da pandemia. Deste xeito, o Concello, a través da Área de Desenvolvemento Local e Emprego, ofrecerá, en colaboración con AJE Lugo, un curso online e gratuíto sobre comunicación dixital, impartido pola lucense Mar Castro, Doutora en Comunicación, profesora universitaria e asesora empresarial.

A acción formativa incluirá cinco sesións de videoconferencia os días 10, 12, 14, 17 e 19 de agosto en horario de 15:30 a 17:00 horas -90 minutos cada unha-, unha sesión de asesoría individual de 60 minutos, e un Manual de Comunicación Profesional Dixital Post COVID-19, elaborado pola autora, en base aos seus coñecementos, experiencia e outras publicacións, para entregar aos participantes en formato dixital.

En total, haberá 35 prazas dispoñibles. Os interesados poderán formalizar as súa inscrición a través do correo electrónico: info@ajelugo.com O programa inclúe 5 bloques a través dos que se profundizará en: comunicación asertiva, comunicación oral, comunicación non verbal, comunicación escrita e comunicación corporativa. Así, a finalidade do curso é mellorar as habilidades comunicativas dos participantes, contribuíndo a un mellor posicionamento da súa marca.

Debido á pandemia de COVID-19, a comunicación a través da pantalla converteuse nunha práctica moi extendida, que esixe o dominio de ferramentas, plataformas e salas virtuais para contribuír ao posicionamento da imaxe de marca. Así, a xestión estratéxica da presencia no entorno virtual, demanda o desenvolvemento de habilidades centradas na comunicación dixital.

Esta acción de formación e asesoramento permitirá dominar os códigos de conducta dixital, conocer a influencia dos indicadores non verbais e xestionar optimamente a marca profesional dos emprendedores e emprendedoras lucenses, incrementando o seu liderazgo.

A docente

Mar Castro é Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo. Asesora empresarial e docente universitaria en Oratoria Emocional e Oratoria Dixital, Comunicación Política, Protocolo Social, Protocolo Empresarial, Marca Persoal e NETiqueta. Ponente invitada en cursos de grao e postgrao, congresos de protocolo, comunicación e oratoria en diversas universidades e escolas de negocio españolas e hispanoamericanas. Ademais de colaboradora habitual en medios de comunicación, revistas e blogs especializados.

É autora dos libros “Protocolo Social” e “NETiqueta. Comunicación en entornos digitales”, e coautora de “Técnicas para hablar en público. Guía para una comunicación eficaz”. Creadora do blog de comunicación www.marcastro.es

Galardonada co Napolitan Victory Awards 2019, na categoría Muller Influínte COMPOL 2019; e Referente Galega en Comunicación, recoñecemento outorgado por Executivas de Galicia.

Audio

  • O edil Mauricio Repetto, sobre o Curso de Comunicación Profesional Dixital | Descargar mp3

Noticias relacionadas