O Concello favorece a integración laboral dos mozos lugueses nos sectores tecnolóxico, de cooperación e da alimentación

Carmen Basadre entregou este mércores os diplomas aos 127 participantes de 8 accións formativas que tiveron lugar entre febreiro e xuño

Mércores, 29 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello favorece a integración laboral dos mozos lugueses nos sectores tecnolóxico, de cooperación e da alimentación

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este mércores os diplomas aos 127 participantes de catro accións formativas organizadas pola entidade local no marco do programa +Xtí de prevención de drogas, e outras 4 organizadas polo servizo de xuventude, tanto no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra como na Casa da Xuventude. Trátase dos cursos de iniciación á reparación de móbiles e electrónica básica, de iniciación á curtometraxe, de ocio inclusivo, de educación de rúa, de pescadería, de horto urbano, de manipulador de alimentos en comercio minorista de alimentación e de control de alérxenos e sustancias que producen intolerancias alimentarias, dirixidos a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que tiveron lugar entre os meses de febreiro e xuño.

Durante a entrega de diplomas, Basadre felicitou aos participantes e incidiu en que “a formación profesional teórica e práctica dos nosos mozos así como a súa especialización en sectores emerxentes como son o tecnolóxico ou o da cooperación, ou en sectores máis tradicionais, como a alimentación, abren novas oportunidades e lles axudan a adquirir competencias para entrar no mercado laboral”.

A Concelleira animou aos rapaces a aproveitar todas as oportunidades de formación posibles, así como lles lembrou os cursos que están a piques de comezar, obradoiros de iniciación á cociña ou obradoiros de iniciación á fotografía dixital e de fotografía timelapse e 360º e de vídeo creación, ademais doutras actividades de lecer como iniciación á equitación, ou deportes como o parkour, street workout ou acrosport.

Multimedia

  • O Concello favorece a integración laboral dos mozos lugueses nos sectores tecnolóxico, de cooperación e da alimentación

Noticias relacionadas