O Concello estará presente no Fairway, o II Fórum do Camiño de Santiago, cun stand sobre o Camiño Primitivo

Coa presenza neste foro de repercusión internacional, a entidade local divulga e promove esta ruta xacobea, que se suma a outras iniciativas que impulsou neste senso

Venres, 10 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello estará presente cun stand informativo sobre o Camiño Primitivo no Fairway, o II Fórum do Camiño de Santiago, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago. Este evento conta cun amplo programa de actividades para todos os públicos, nunha superficie aproximada duns 2.500 metros cadrados, con 60 expositores titulares e máis de 100 marcas presentes.

Coa presenza neste foro, a entidade local divulga e promove o Camiño Primitivo, que se suma a outras iniciativas que impulsou neste senso. É o caso de actuacións musicais nalgún punto desta ruta ao seu paso pola cidade, un día dedicado ao Camiño Primitivo polo San Froilán, así como rutas guiadas ao longo de verán e Semana Santa. Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a adhesión do Concello ao Manifesto e á Mesa do Camiño Primitivo.

Repercusión internacional

Ademais, no workshop de Fairway, os 36 profesionais de 27 empresas turoperadoras internacionais manterán 1.500 reunións de negocio con empresas provedoras locais e de distintos puntos das rutas para cubrir a súa demanda de produtos e servizos. Tamén haberá turoperadores de 14 países diferentes: Colombia, Noruega, Irlanda, Brasil, Uruguai, Portugal, Nova Zelandia, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Reino Unido, Italia, Alemaña e España.

Noticias relacionadas