O Concello é distinguido polo seu labor de protección e promoción turística do Camiño Primitivo

Carmen Basadre recolleu a distinción no acto do primeiro aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial que se celebrou na Catedral de Lugo

Martes, 05 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello é distinguido polo seu labor de protección e promoción turística do Camiño Primitivo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recolleu a distinción que lle realizou a Xunta ao Concello polo seu labor de protección e promoción turística do Camiño Primitivo.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, foi a encargada de entregar este recoñecemento no acto do primeiro aniversario da declaración do Camiño Primitivo como Patrimonio Mundial, que se celebrou este martes no claustro da Catedral de Lugo.

Os datos avalan esta boa xestión da entidade local, xa que no pasado ano percorreron o Camiño Primitivo 11.428 peregrinos, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior. No que vai de ano 4.000 peregrinos recorreron o Camiño Primitivo.

Noticias relacionadas