O Concello de Lugo subastará once inmobles a finais de ano

Martes, 19 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten  previsto sacar a subasta pública antes de finais de ano once bens inmobles (garaxes, entresolos e sotos) que forman parte dos 54 embargados por impago de tributos. Ademais, o Goberno Local requisou 31 vehículos despois de que que non progresaran os o procedimentos previos de recaudación executiva.

Dende a Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, afírmase que os lucenses son moi bos pagadores, o índice de morosidade oscila entre o 10 e 20% dos contribuintes.

O Goberno Local quere concienciar a toda a cidadanía do pago voluntario das súas obrigas tributarias para que a administración poda aplicar despois exencións fiscais, que a demais de ser unha ventaxa económica para os seus beneficiarios, permite fomentar determinadas situacións que beneficien a determinados sectores da poboación como ás familias numerosas, promover comportamentos que favorezcan ao medio ambiente, ou á rehabilitación e accesibilidade de edificios. Para isto o Concello continúa a traballar para facer máis flexibles e áxiles os pagos a través das domiciliacións de recibos e as novas formas de pagamento: con tarxeta de crédito, a través da web…

Por outra banda, o pagamento voluntario dos tributos permite ao Concello de Lugo conxelar os tipos impositivos como o IBI ou o IVTM.

Noticias relacionadas