O Concello de Lugo pon en marcha a Biciescola para as persoas que queiran utilizar este vehículo nos desprazamentos cotiás

Os e as interesadas en aprender a utilizar a bicicleta e a como manexarse por ela na zona urbana de Lugo, poden inscribirse antes do 4 de maio en www.xuventudelugo.gal

A formación desenvolverase na senda verde ciclista do Miño os venres 5, 12 e 19 de maio, en horario de  18.30 a 20.00 horas.

Xoves, 27 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pon en marcha a Biciescola para as persoas que queiran utilizar este vehículo nos desprazamentos cotiás

Con motivo de incentivar unha nova mobilidade neutra en carbono na zona urbana de Lugo, o executivo de Lara Méndez pon en marcha as primeiras clases da ‘Biciescola’ para ensinar ás persoas a andar en bicicleta nos seus desprazamentos cotiás, fomentando hábitos de vida saudables”, sostén a rexedora.

A iniciativa enmárcase nas accións que se están activando coas aportacións das entidades participantes na Mesa Observatorio no marco do Centro de Promoción da Bicicleta, integrada por colectivos e institucións vinculados ao mundo da bicicleta e dos potenciais usuarios, como a Universidade, as ANPAs, os clubs ciclistas, os comercios especializados en ciclismo de Lugo, o grupo Mulleres en Forma e Masa Crítica.

A ‘Biciescola’ está orientada a persoas que non adquiriron a habilidade de andar en bicicleta e que agora desexan aprender. Nas clases tamén se traballará a confianza e a seguridade nos desprazamentos, atendendo ademais a nova infraestrutura da senda verde ciclista de 15 quilómetros que percorre oito barrios da cidade, e na adquisición de habilidades, aptitudes físicas e destrezas básicas para poder desprazarse con total autonomía.

O curso desenvolverase na contorna do Miño os venres 5, 12 e 19 de maio. As sesións terán unha duración de hora e media, de 18:30 a 20:00 horas. É necesario inscribirse antes do 4 de maio a través da web www.xuventudelugo.gal .

Noticias relacionadas