O Concello de Lugo ilumínase este venres de verde para conmemorar o Día Nacional da Artrite

Xoves, 30 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora este venres, 1 de outubro, o Día Nacional da Artrite iluminando, ao anoitecer, de cor verde a fachada da Casa Consistorial.

Con este xesto, a administración local pretende apoiar o traballo desenvolvido pola Coordinadora Nacional da Artrite, impulsora da iniciativa, co obxectivo de concienciar á poboación sobre esta enfermidade e promover actuacións que melloren a calidade de vida das e dos pacientes afectados por esta patoloxía crónica, ante a necesidade de romper mitos e visibilizar o seu impacto para propiciar a detección precoz que axude ao seu control e tratamento.

Estímase que en España máis de un millón de persoas sofren esta doenza, autoinmune e incapacitante, en calquera das formas coas que pode presentarse, mentres que a nivel mundial afecta a 21 millóns de habitantes.

Noticias relacionadas