O Concello de Lugo expresa o seu pesar polo falecemento da historiadora Ana Goy Diz

Luns, 19 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo expresa o seu pesar polo falecemento de Ana Goy Diz, catedrática de Historia da Arte e profesora da Facultade de Humanidades de Lugo. Como presidenta da corporación municipal, a rexedora, Lara Méndez fixo públicas as condolencias de todo o equipo de goberno e quixo transmitir “toda a nosa solidariedade e o noso afecto, nestes momentos tan difíciles, á súa familia e ás persoas achegadas”.

Ana Goy ingresou o pasado mes de maio na Real Academia Galega de Belas Artes, como académica numeraria da Sección de Expertos nas Artes, sendo unha das 13 mulleres que formaban parte da Ragba, fronte a 37 homes. A historiadora foi, así mesmo, vicedecana da Facultade de Humanidades, representante en Galicia do Icomos –o organismo da Unesco– e directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade.

Dende esta entidade, dependente da USC, traballou en estreita colaboración co Concello de Lugo en proxectos de cidade como, entre outros, Muralla Dixital, a través do que estudou a evolución da urbe ao longo da historia, na localización de fontes termais en Lugo ou nun proxecto de dinamización e difusión do cementerio de San Froilán.

Noticias relacionadas