O Concello de Lugo enxalza os valores de igualdade e liberdade emanados da II República na celebración do seu 91 aniversario

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu lectura ao manifesto e presidiu o acto, ao que foron convidados todos os grupos políticos da Corporación municipal.

“Como sociedade, debemos artellar un escudo que evite a perda de dereitos, que os protexa da regresión que promulgan outras formacións e seguir loitando para conquistar os que aínda continúan pendentes”, afirmou a rexedora.

Xoves, 14 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo enxalza os valores de igualdade e liberdade emanados da II República na celebración do seu 91 aniversario

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polos concelleiros do equipo de goberno e pola deputada provincial Ana González Abelleira, presidiu esta mañá o acto de conmemoración do 91 aniversario da II República ao que tamén foron convidados todos os grupos políticos presentes na Corporación municipal.

A rexedora deu lectura, diante do monolito da Praza da Soidade, a un manifesto co que Lara Méndez quixo rememorar os valores emanados da principal época de apertura democrática do país como a igualdade e a liberdade.

“Este debe ser un día de recordo no que enxalzarese avance, incalculable, que en termos de xustiza social trouxo consigo a II Repúblicae no que, nove décadas despois, debemos apostar e defender que o respecto, a tolerancia e a unión son a única vía para enfrontar osretos que se aveciñan”, afirmou Méndez.

“A sociedade do 2022 debe, primeiro, artellar un escudo político e social que evite a perda dos dereitos conseguidos, que os protexa da regresión que promulgan outras formacións para non dar pasos atráse, logo, seguir loitando para conquistar aquelas materias que aínda continúan pendentes e que pasan, como non podería ser doutra maneira, pola construción dun futuro compartido por todas e todos, transformador e comprometido cos desafíos sociais, culturais, políticos e institucionais que se nos presentan”, engadiu a alcaldesa.

No seu descurso, Lara Méndez reafirmouse en que “para o Concello de Lugo, falar de República é falar de territorios respectuosos co medio ambiente, ecoloxistas, que aposten por un modelo económico responsable co planeta, conscientes dos nosos recursos pero tamén da súa limitación. É falar de feminismo – como eixo transversal e vertebrador de todas as accións – para combater dende a igualdade calquera tipo de machismo, é falar de pluralidade. Porque a diversidade que nos rodea e coa que convivimos só pode ser sinónimo de riqueza, de sinerxías, de oportunidades. E porque esa heteroxeneidade cultural e nacional que nos define, da que nos nutrimos, debe ser respectada e coidada sempre”, sostivo a rexedora.

“Hoxe honramos todos os valores e as conquistas sociais que abandeirou a Constitución do 31, un legado que costou moitas vidas e ás que esta mañá queremos agradecer, de corazón, a senda de conciliación que debuxaron, que nos marcou camiño e pola que tamén traballamos para inspirar e alentar no mesmo propósito ás vindeiras xeracións”, concluíu a alcaldesa de Lugo.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o Día da II República | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello de Lugo enxalza os valores de igualdade e liberdade emanados da II República na celebración do seu 91 aniversario
  • O Concello de Lugo enxalza os valores de igualdade e liberdade emanados da II República na celebración do seu 91 aniversario
  • O Concello de Lugo enxalza os valores de igualdade e liberdade emanados da II República na celebración do seu 91 aniversario

Noticias relacionadas