O Concello de Lugo colabora con RTVE no lanzamento dunha consulta á cidadanía sobre a televisión pública do futuro

A alcaldesa, Lara Méndez, anima á veciñanza a participar nesta campaña de participación para saber que tipo de radiotelevisión pública queren ter os cidadáns.

 
Martes, 31 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora con RTVE no lanzamento dunha  consulta á cidadanía sobre a televisión pública do futuro

O Concello de Lugo colabora coa RTVE no lanzamento da La gran consulta’, unha ambiciosa e inédita campaña transmedia de participación cidadá para coñecer cal é a radiotelevisión pública que quere a xente e a función que os cidadáns esperan dela. Unha campaña que vai ser, non só analóxica e na rúa, senón tamén dixital, para chegar á cidadanía de todas as idades e que abarcará medios dixitais, RRSS e as pantallas de RTVE.

É a primeira vez en España que se pregunta á poboación sobre o papel que debe xogar un medio de comunicación público. Iniciativas parecidas fixéronse antes en países como Francia, Gran Bretaña ou Luxemburgo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anima á veciñanza a participar nesta campaña “pola importancia que ten que se leve a cabo unha programación televisiva de calidade que pagamos con fondos públicos e que debe ser independente, rigorosa, diversa, respectuosa e que actúe realmente como un servizo público”.

Esta consulta concluirá coa redacción dun Libro Branco sobre RTVE que recollerá as conclusións da enquisa e servirá de base para a elaboración do novo mandato marco sobre o que pivotará a radiotelevisión pública.  En redes sociais usarase o hashtag #LaGranConsulta e a enquisa está dispoñible en https://lagranconsulta.rtve.es/.

O Concello de Lugo cederá diferentes soportes mediáticos municipais para impulsar a campaña.

Noticias relacionadas