O Concello convida á cidadanía a participar este sábado nunha camiñada pola Chanca para conmemorar o aniversario do Viaduto

Cando se cumpren 150 anos do inicio da construción desta infraestrutura o goberno de Lara Méndezprepara unha serie de actos culturais para poñer en valor a súa transcendencia.

Lara Méndez: “Queremos enxalzar e divulgar o noso patrimonio cumprindo así coa vontade da veciñanza local, impulsora das iniciativas”.

Mércores, 09 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello convida á cidadanía a participar este sábado nunha camiñada pola Chanca para conmemorar o aniversario do Viaduto

O Concello de Lugo convida á cidadanía a participar este sábado na marcha organizada pola Federación de Asociacións de Veciños polo barrio da Chanca para conmemorar o 150 aniversario do Viaduto.

Unha camiñada que se inclúe dentro dos actos, impulsados pola Alcaldía para render homenaxe e recoñecer publicamente a transcendencia que tivo para a cidade a creación desta dotación.

O punto de encontro e saída da andaina, que comezará ás 11:30 horas, será no cruzamento da estrada da Fonsagrada co Paseo do Rato.

Lara Méndez animou ás e aos lucenses a acudir e a desfrutar dun momento de ocio saudable “aderezado pola fermosura da paisaxe da contorna e pola riqueza histórica e arquitectónica da construción ferroviaria que xa é todo un símbolo identitario de Lugo”.

O Concello de Lugo xa acadou que a Fundación Once imprima a imaxe desta dotaciónnun dos seus cupóns diarios. Unha solicitude que non só foi ben recibida pola institución senón tamén aceptada, fixando para o próximo 07/12/2021 a data da súa difusión.

“A chegada do tren favoreceu unha transformación para o municipio tanto a nivel urbanístico como social e económico. Xa que non só supuxo un gran avance no transporte de viaxeiros senón tamén no de mercadorías”, incidiu a alcaldesa que indicou tamén que “coas celebracións, que parten dunha proposta veciñal, o Concello de Lugo quere atender tamén a demanda cidadá existente para reivindicar e enxalzar unha parte tan valiosa coma esta do noso patrimonio local”.

Multimedia

  • O Concello convida á cidadanía a participar este sábado nunha camiñada pola Chanca para conmemorar o aniversario do Viaduto

Noticias relacionadas