O Concello convida aos máis cativos a ler con seis novas actividades lúdicas gratuítas

A nova programación de animación á lectura e contacontos terá lugar a partir do 23 de abril e ata o 2 de xuño na Biblioteca Municipal e no MIHL

Os interesados en participar nalgunha destas actividades deberán retirar unha entrada gratuíta na Biblioteca Municipal. As entradas estarán dispoñibles a partir das 16:30 horas do luns da semana da actuación correspondente

Venres, 15 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello convida aos máis cativos a ler con seis novas actividades gratuítas postas en marcha co obxectivo de fomentar a lectura entre os nenos e nenas luguesas. Trátase de actividades de animación á lectura e contacontos, que se celebrarán na Biblioteca Municipal e no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a partir do sábado 23 de abril de febreiro e ata o 2 de xuño.

As actividades están deseñadas pensadas especialmente nos pequenos, para estimular a  súa imaxinación a través de espectáculos lúdicos e para incentivar o seu gusto pola lectura, capaz de contribuír á súa aprendizaxe e á mellora das súas habilidades.

A primeira das actividades será un obradoiro no que se elaborará un libro tridimensional que os mesmos nenos e nenas de máis de 5 anos, a través dunha serie de técnicas de elaboración de contos, encherán de contido cunha historia única e orixinal. Será o 23 de abril, a partir das 12:00 horas no MIHL, a cargo de Mau Marela.

Sherezade Bardji será a encargada de facerlle pasar un bo anaco aos bebés de 0 a 3 anos, o xoves 28 de abril, ás 18:30 horas na Biblioteca co bebecontos Palabras confeitadas. Para nenos de máis de 6 anos, o Concello ten preparado Ilustrando Os Soños da Gaiola, un obradoiro de Noemí López para interpretar o imaxinario dalgún dos poemas de Manuel María, o 7 de maio, ás 12:00 horas no MIHL.

Neste mesmo mes, terán lugar as actividades Barriga Verde e o Muíño da Néba e Nola e María na Tera Chá, de mans de Títeres Cascanueces e Sarabela Teatro, os días 12 e 19, a partir das 18:30 horas na Biblioteca Municipal.

O encargado de pechar esta programación, o día 2 de xuño, será Darío Xohán Cabana, quen prepará tanto cos cativos como cos adultos que así o desexen os poemas de Manuel María que se lerán o día do Medio Ambiente no parque da Milagrosa.

Entradas gratuítas e aforo limitado

Todos os interesados en participar nalgunha destas actividades gratuítas, que contan cun número limitado de prazas, un total de 145, deberá retirar unha entrada na Biblioteca Municipal. As entradas estarán dispoñibles a partir das 16:30 horas do luns da semana da actuación correspondente. Entregaranse un máximo de dúas por persoa.

Máis información en www.lugo.gal

Máis info

  • Programación das actividades de animación á lectura|Descargar pdf

Noticias relacionadas