O Concello contrata a 19 desempregados perceptores da Risga nas brigadas de obra municipais

Desenvolverán durante 7 meses tarefas de limpeza e mantemento de sendeiros e roteiros turísticos, así como de mantemento viario nos entornos dos edificios municipais, instalacións deportivas, colexios ou o propio cemiterio, entre outros

Luns, 30 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, asinou este luns a contratación de 19 persoas desempregadas en situación de risco ou exclusión social, perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), nas brigadas de obra municipais, no marco do plan Conserva Lugo 2017.

A duración do contrato é de sete meses a media xornada, para realizar tarefas de limpeza e mantemento de sendeiros e roteiros turísticos municipais, así como de mantemento viario nos entornos dos edificios municipais, instalacións deportivas, colexios ou o propio cemiterio municipal, entre outros.

Esta iniciativa, que busca facilitar a inserción de persoas desempregadas lucenses e ao mesmo tempo contribuir á conservación e mellora dos servizos públicos, recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, equivalente aos custos salariais da contratación de 16 peóns, 2 oficiais e 1 encargado.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre a contratación de 19 desempregados perceptores da Risga | Descargar mp3

Noticias relacionadas