O Concello activa un dispositivo de seguridade para previr e atender incidencias provocadas pola neve

Luns, 12 de febreiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O voceiro municipal, Miguel Fernández, informou de que o Concello activou este luns un dispositivo especial para garantir a seguridade de vehículos e peóns en todo o municipio con motivo das precipitacións de neve.

Deste xeito, todos os servizos municipais están en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir. Ademais, o Concello dispón dunha cantidade suficiente de sal para esparexer onde sexa necesario. As reservas de sal son dunhas 6 toneladas.

O dispositivo do servizo municipal de limpeza viaria está composto dunha cuchilla quitaneve para calzadas, esparcidor de sal, dúas barredoras equipadas con cuchillas quitaneves para beirarrúas e calzadas, e catro brigadas de operarios con esparcidores manuais de sal. Este equipo, ademais das súas propias funcións, presta apoio a Protección Civil e a Policía Local.

Ante a nevada que está a caer sobre a cidade, o Concello recomenda extremar as precaucións ao volante, así como nos desprazamentos peonís.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre o dispositivo de seguridade | Descargar mp3

Noticias relacionadas