O comercio local encherá as rúas de Lugo con descontos de ata ó 80% nunha nova edición do Street Market

Ana Prieto, Sonsoles López e Marta López presentaron a xornada comercial que terá lugar este venres en horario ininterrompido de 10:30 a 20:30 horas

A edil sinalou que participarán preto de 100 establecementos moi variados: téxtil, calzado, regalos, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, entre outros. Os comercios participantes poderanse recoñecer pola cor laranxa identificativa deste evento

Mércores, 09 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O comercio local encherá as rúas de Lugo con descontos de ata ó 80% nunha nova edición do Street Market

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, xunto a Deputada Provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Marta López presentaron, este mércores, no Salón de Plenos, a XII Edición do Comercio na Rúa – Street Market que terá lugar este venres en establecementos situados en máis de 30 rúas da cidade en horario continuado de 10:30 a 20:30 horas.

Durante a presentación, Ana Prieto destacou que “preto de 100 tendas do comercio local de Lugo encherán as rúas da cidade ofrecéndolles a todas as persoas visitantes descontos entre un 50 e 80% de establecementos moi variados: téxtil, calzado, regalos, fogar, xoiería, peletería, decoración, eventos, mercería, perfumes, deportes, herboristería ou golosinas, entre outros. Os comercios participantes poderanse recoñecer pola cor laranxa xa identificativa deste evento”.

Esta xornada comercial, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo, conta coa colaboración de Concello e Deputación a través da Fundación TIC. Sonsoles López destacou que “é un pracer ver como se consolida un ano máis este evento, xa que o sector do comercio local é fundamental na nosa provincia que vén a manter o 16% dos postos de traballo e o 13% do PIB. Creemos no comercio de proximidade e na importancia que ten no desenvolvemento socioeconómico”.

A Presidenta da Asociación de Autónomas, Marta López, agradeceu o apoio a todos os colaboradores que fan posible esta cita que dinamiza o eido do pequeno comercio na cidade de Lugo e “nos facilita que a xente saia a rúa e acceda máis facilmente aos establecementos”. Así mesmo aproveitou o acto de presentación para animar a todas e todos e todas as lucenses e visitantes que se acheguen aos stands dos diferentes comercios xa que “ofrecerán moi bos descontos e ofertas”.

Audio

  • Presentación da XII Edición do Comercio na Rúa – Street Market | Descargar mp3

Noticias relacionadas