A experiencia combinará tradición, misterio e inmersión permitindo aos participantes interactuar cos personaxes. Tamén haberá premios para as persoas máis inmersivas.
A actividade, de 20:30 a 22:30 horas, está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, estudantes universitarios e persoas vinculadas ao ámbito cultural e artístico.
Toda a información e o formulario de inscricións atópase na web: www.filmersion.com ou a través do email: filmersion@filmersion.co En total haberá 30 prazas dispoñibles.

Este 31 de outubro, o Coliving Artístico Municipal do Carme (CAM Lugo) converterase no escenario dunha experiencia única co samaín inmersivo "A Orixe da Mouradiga", unha proposta cultural que combina historia e misterio e que permitirá aos participantes interactuar con personaxes da historia, interpretados por actores e actrices, sendo un personaxe máis. A actividade, que se desenvolverá de 20:30 a 22:30 horas, está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, estudantes universitarios e persoas vinculadas ao ámbito cultural e artístico.
O samaín inmersivo "A Orixe da Mouradiga" é unha vivencia artística onde os asistentes poderán mergullarse nunha historia ambientada nun espazo cheo de misterios e sorpresas. Ao longo dunha ruta inmersiva (que pode ser independiente da experiencia), os participantes visitarán 9 locais secretos repartidos por Lugo, cada un deles formando parte fundamental dunha narrativa de suspense que os levará a descubrir segredos ocultos.
A experiencia céntrase nunha historia ambientada en 1974, cando dous irmáns e dúas irmás cometeron un crime nunha noite de fin de ano. Mentres percorren os diferentes espazos, os asistentes deberán tomar decisións e enfrontarse a situacións que difuminan os límites entre a realidade e a ficción, levando a unha experiencia profundamente inmersiva. A historia comeza no instagram de @lugomegusta e @filmersion.
Ademais de vivir esta experiencia única, os participantes poderán optar a un premio valorado en 100€ se completan a experiencia do Samaín. Tamén haberá un premio de 10€ para aqueles que completen a ruta inmersiva polos 9 locais secretos. O evento contará cun aforo limitado a 30 persoas, garantindo unha experiencia íntima e segura. Ademais, realizaranse catro días de ensaios previos e unha visita ao espazo cos interactores, para asegurar que o desenvolvemento do evento sexa fluído e envolvente.
Datas e lugar
O samaín inmersivo terá lugar o 31 de outubro no Coliving Artístico Municipal e en diferentes espazos secretos de Lugo. Os detalles específicos do percorrido e das localizacións revelaranse só aos inscritos para manter o misterio da experiencia. Toda a información e o formulario de inscricións atópase na web: www.filmersion.com ou a través do email: filmersion@filmersion.co.

