O Arde Lvcvs homenaxea aos bombeiros, expoñendo nesta edición unha bomba hidráulica na Castra

Lara Méndez, Carmen Basadre e Teo García presentaron, no Parque de Bombeiros, a recreación desta ferramenta, realizada por Caetra Lucensium

Luns, 26 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs homenaxea aos bombeiros, expoñendo nesta edición unha bomba hidráulica na Castra

Este luns o Parque de Bombeiros conxugou pasado e presente na presentación dunha bomba hidráulica inspirada na Época Romana, que se expoñerá durante o Arde Lvcvs na Castra, no Carril dos Fornos, concretamente no campamento de Caetra Lucensium, asociación encargada da súa recreación. A esta presentación asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e representantes de dito colectivo de recreación histórica, así como do corpo municipal de bombeiros.

No trancurso do acto, a rexedora agradeceulle a   o seu traballo "por seguir traéndonos cousas do pasado ao presente, neste caso con esta ferramenta coa que os nosos antepasados lle garantían a seguridades aos seus veciños e veciñas e apagaban os incendios". Así mesmo tamén tivo palabras de agradecemento por homenaxear, con esta ferramenta aos bombeiros, "unha profesión importantísima". Méndez tamén quixo felicitar á asociación polo compromiso coa rigurosa e fiel recreación da historia de Lugo, ao igual que fan os outros 17 colectivos de Lugo, tanto ao longo do Arde Lvcvs como noutras festas ás que acoden e en todas as iniciativas que impulsan.

Estes detalles, tal e como manifestou a rexedora, poñen en valor o caracter innovador desta festa, que cada ano presenta novidades -este ano 40-, e a ampliación da oferta de actividades que ano tras ano desenvolven as asociacións, tendo este ano o Arde Lvcvs un atractivo máis con esta ferramenta.

Dita bomba hidráulica, cuxo orixinal se atopa no Museo Arqueolóxico Nacional, trátase da ferramenta que usaban os Vigiles, os bombeiros da Época Romana, tal e como deu a coñecer Teo García, presidente de Caetra. Tamén se usaba en labores de minería.

García manifestou o obxectivo desta recreación, render homenaxe aos bombeiros, "os gran esquecidos ata o de agora nestes festexos", posto que había, por exemplo,  lexionarios ou médicos. Nesta liña, explicou que os primeiros bombeiros eran escravos para pasar logo a ser militares.

O Sarxento Xefe do Parque, Miguel Vila, mostrouse satisfeito por este "recoñecemento moi interesante, que dignifique ao traballo dos bombeiros tamén no Arde Lucus".

Historia da bomba hidráulica

César Augusto creu no ano 22 d.C. as Cohortes Vigilum (Corpos de Vixiantes) composta polos Vigiles Urbani (Vixiantes da cidade) , que era unha forza pública de escravos que se encargaba de realizar diferentes labores. Así, os vigiles velarían pola seguridade pública, e os incendios en todos os espazos da cidade, xa fosen públicos ou privados, ás ordes dun Vigilum Prefecto (militar ao servizo do César), e de sete Tribunos (militares con funcións políticas, elexidos polos senadores).

En canto á extinción de incendios os romanos contaban coa bomba aspirante-impelente de Ctesibio -un grego nacido na Alejandría Grega no S. III a.C., cuxo deseño mellorouse no S. I a.C por un romano, Herón de Alejandría, sendo esta entonces romana-. A bomba, a partir de aí pasou a denominarse nomba de Ctesibio-Heron.

Multimedia

  • O Arde Lvcvs homenaxea aos bombeiros, expoñendo nesta edición unha bomba hidráulica na Castra

Noticias relacionadas