O Alcalde recibe un grupo de estudantes franceses que participan nun intercambio na nosa cidade

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello un grupo de alumnos e alumnas franceses que participan durante unha semana nun intercambio escolar.

Luns, 23 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Alcalde recibe un grupo de estudantes franceses

O Alcalde deulles a benvida á nosa cidade ós estudantes, que participan nun intercambio no IES Virxe dos Ollos Grandes. Pola súa parte, os rapaces destacaron que Lugo lles parece unha cidade moi bonita e os lucenses, xente moi agarimosa.

O grupo está formado por 21 alumnos de 16 e 17 anos, que cursan estudos de Humanidades e, segundo explicaron, antes de desplazarse a Lugo traballaron coa obra de varios autores galegos como Manuel Rivas.

Multimedia

Noticias relacionadas