Nova xuntanza veciñal dos Orzamentos Participativos: o martes, en Fingoi

Terá lugar no centro de convivencia do barrio, a partir das 20.00 horas, e nela os asistentes coñecerán o funcionamento desta ferramenta de participación cidadá activada polo Goberno e logo decidir o destino de 350.000€ con cargo ao presuposto deste ano

Ata o 9 de setembro pódense facer achegas, a través da web loop.lugo.gal ou do Rexistro Xeral

Domingo, 19 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nova xuntanza veciñal dos Orzamentos Participativos: o martes, en Fingoi

O Goberno de Lugo convocou unha nova xuntanza veciñal sobre os Orzamentos Participativos. Terá lugar este martes, a partir das 20.00 horas, no centro de convivencia de Fingoi, e nela as persoas asistentes coñecerán o funcionamento desta ferramenta de participación cidadá que activou o Executivo para logo decidir o destino dun total de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Con este proceso, o Goberno de Lugo fomenta a participación veciñal, promove que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e que se converta en protagonista activa do que pasa no seu municipio e mellora a comunicación entre o Concello e a veciñanza.

Estas xuntanzas forman parte da primeira fase dos orzamentos participativos: a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Ademais das reunións, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal ou ben no Rexistro Xeral do Concello. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballo.

Máis información en https://loop.lugo.gal/

Noticias relacionadas