Música clásica, teatro e unha ofrenda floral para lembrar aos pais no Cemiterio Municipal

A programación, organizada e feita dende o máis profundo respecto, co obxecto de facer un acompañamento nun día sinalado, arrincará ás 13:00 horas do propio día 19

Venres, 15 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Música clásica, teatro e unha ofrenda floral para lembrar aos pais no Cemiterio Municipal

A Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, organiza para o vindeiro martes, 19 de marzo, Día do Pai, no Cemiterio Municipial de San Froilán, distintos actos culturais co obxectivo de render unha homenaxe familiar e íntima neste día tan sinalado a todos os pais, e, ao mesmo tempo, impulsar un dos principais valores patrimoniais do municipio como é o camposanto municipal. De feito, está na listaxe de cemiterios máis bonitos do mundo de National Geographic, e obtivo galardóns por contar coa mellor actividade de portas abertas de España  e co mellor monumento arquitectónico, o mausoleo neogótico. Ademais está integrado no proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, que persegue visualizar os valores patrimoniais, culturais e turísticos que encerran os cemiterios españois.

As actividades polo Día do Pai arrincarán ás 13:00 horas e consistirán nunha ofrenda floral amenizada con música clásica e unha representación teatral a cargo de Palimoquiños e Cia, O meu pai; unha programación organizada e feita dende o máis profundo respecto, co obxecto de facer un acompañamento nun día sinalado.

Audio

  • A edil Rosana Rielo, sobre o evento do "Día do Pai" | Descargar mp3

Multimedia

  • Música clásica, teatro e unha ofrenda floral para lembrar aos pais no Cemiterio Municipal

Noticias relacionadas