Martes, 12 de novembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

O edil de Urbanismo Sostible, recibía hoxe no Salón de Plenos a 22 alumnas e alumnos do Colexio San José e a outros tantos estudantes belgas que, estes días, se atopan facendo un intercambio lingüístico no centro.
Durante o encontro, o concelleiro aproveitou para explicarlles as características xeográficas e demográficas do municipio, a súa realidade social, así como os mecanismos de funcionamento e organización da administración local.