Domingo, 15 de agosto de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

Membros da Corporación asistiron este domingo á misa con motivo da tradicional ofrenda floral do Concello á patroa da cidade, a Virxe dos Ollos Grandes, nun acto que tivo lugar ás 12:00 horas na Catedral.
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cohesión Territorial, Miguel Fernández foi o encargado de entregar o centro de flores ao Bispo, símbolo da ofrenda á patroa.