Medio milleiro de persoas descubriron a historia do Nadal a través dos adornos de cristal que reúne o MIHL nunha mostra

A exposición poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde

Xoves, 07 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Medio milleiro de persoas descubriron a historia do Nadal a través dos adornos de cristal que reúne a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no marco da programación do Nadal dende o pasado día 17 de decembro. Trátase da mostra que acolle o MIHL e que reúne máis de 300 adornos creados artesanalmente en cristal recollidos en diferentes tendas e mercadiños de Europa.

Nadal de Cristal é unha parte da Colección Vico, que nace dunha viaxe a Polonia de Carlos e Fátima en 2009, onde descubriron unha pequena tenda chea de adornos para a árbore de Nadal soplados en cristal.

A mostra contempla diferentes temáticas, as orixes do Nadal, as orixes da árbore de Nadal, a guerra e as árbores de Nadal prohibidas, os agasallos, as diferentes costumes de Nadal en diferentes países europeos, os xoguetes, anxos e reis, Santa Claus, a infancia dos nenos nos países europeos, os bonecos de neve, a comida de Nadal antes e agora, seres mitolóxicos, contos infantís e o proceso de fabricación de adornos de Nadal.

Horario de exposición

Nadal de Cristal poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Noticias relacionadas