Medio cento de veciños da Residencia acuden á terceira xuntanza entre a Alcaldesa e os lugueses para deseñar as novas liñas de bus urbano

Lara Méndez manterá mañá unha nova reunión coa veciñanza, ás 20:00 horas no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón

Ademais desta ferramenta de participación, os veciños poden achegar propostas a través de moveteporlugo@concellodelugo.orgwww.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010

Xoves, 28 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio cento de veciños da Residencia acuden á terceira xuntanza entre a Alcaldesa e os lugueses para deseñar as novas liñas de bus urbano

Medio cento de veciños e veciñas do barrio da Residencia acudiron este xoves á xuntanza entre a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e os lugueses para recoller as súas propostas e deseñar así o novo mapa de liñas de buses urbanos, adaptándoo á realidade social e económica da cidade. Nesta ocasión, a reunión tivo lugar no Local Social Leiras Pulpeiro.

Na reunión, á que tamén asisitu o voceiro municipal, Miguel Fernández, os participantes demandaron principalmente máis frecuencia nos horarios das liñas que se dirixen ao Hospital Universitario Lucus Augusti, así como intercambiadores de transporte e billetes de transbordo.

Esta é a terceira xuntanza enmarcada dentro da campaña Móvete por Lugo, posta en marcha polo Concello para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: moveteporlugo@concellodelugo.org, ou ben a través de www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión deste xoves na Residencia, e logo de achegarse aos barrios da Abella e  da Milagrosa, a Alcaldesa reunirase mañá coa veciñanza do Sagrado Corazón, no Centro de Convivencia deste barrio, ás 20:00 horas. Lara Méndez tamén se achegará a Fontiñas, Fingoi, A Piringalla e Garabolos; As Gándaras, A Ponte e o Ceao. O Concello informa de todas as reunións na web www.lugo.gal e nas redes sociais.

Noticias relacionadas