O encontro terá lugar o vindeiro sábado 18 de novembro, entre as 17:00 e as 05:00 no Pazo de Feiras.
Maite Ferreiro: “volvemos achegar a Lugo un xénero musical que goza de gran popularidade no mundo para continuar a ampliar a oferta cultural”.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua,Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do ciclo Soundsystem no Camiño, co que a área de Cultura e o Goberno de Lugo achegan á veciñanza o mellor da música reggae do noroeste peninsular. Maite Ferreiro afirmou que “con este encontro queremos achegar unha vez máis unha importante selección de artistas dun xénero musical que está a gozar de gran popularidade en todo o mundo, ao mesmo tempo que continuamos a ampliar a oferta cultural da cidade”.
A música Reggae ven de ser recoñecida no ano 2018 como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola Unesco. Comparte co Camiño primitivo un valor cultural e social importantísimo. A súa aportación á reflexión internacional sobre cuestións como a inxustiza, a resistencia, o amor e a condición humana revela a forza intelectual, sociopolítica, espiritual e sensual deste elemento do patrimonio cultural.
Este encontro busca crear unha alternativa de ocio para a xente da cidade e das persoas que se acheguen a Lugo, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa, visible e participativa, introducindo novas propostas culturais que están á vangarda noutras partes do estado.
Colectivos participantes Soundsystem no Camiño 2023:
- PINTEGA SISTEMA DE SON (LUGO)
- DUB MONO HI-FI (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- NORTH PATROL (OURENSE)
- SANK-FU HI-FI (VIGO)
- SOUNDKILLA SOUNDSYSTEM (A CORUÑA)
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua,Maite Ferreiro, sobre o ciclo Soundsystem no Camiño | Descargar mp3