Ferreiro: "Este ciclo permite ás e aos estudantes coñecer á Banda municipal e os distintos instrumentos que conforman esta agrupación".
A programación comeza o vindeiro mércores na Escola Infantil Serra de Outes.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada pola xefa do servizo de Educación do Concello e polo Director da Banda Municipal, David Fiuza, presentou a programa de Concertos Didácticos da Banda Municipal para o curso 2025, unha iniciativa que achega a música ás crianzas e fomenta o coñecemento e a sensibilidade artística nos centros educativos da cidade.
Ferreiro destacou que “os Concertos Didácticos permiten garantir o acceso á música e á cultura desde as idades máis temperás”. A concelleira subliñou ademais que “este ciclo permite que as e os estudantes dos diferentes centros educativos teñam a oportunidade de escoitar e interactuar coa Banda, coñecendo de primeira man os instrumentos, os estilos e o traballo colectivo que require unha formación musical deste tipo”.
O programa dos Concertos Didácticos desenvolverase entre maio e xuño, cun total de 14 concertos en centros de ensino infantil e primaria, chegando á práctica totalidade das nenas e nenos de Lugo. As actuacións adaptaranse aos diferentes ciclos educativos.
Calendario dos Concertos Didácticos Banda 2025:
- Mércores 14/5: EIM Serra de Outes
- Xoves 15/5: CEIP Luis Pimentel
- Martes 20/5: CEIP Paradai
- Mércores 21/5: EIM Gregorio Sanz
- Xoves 22/5: CEIP Quiroga Ballesteros
- Martes 27/5: CEIP A Ponte
- Mércores 28/5: CEIP Anexa
- Xoves 29/5: CEIP As Mercedes
- Martes 10/6: CEIP Albeiros
- Mércores 11/6: CEIP Nadela
- Xoves 12/6: CEE Santa María
- Martes 17/6: CEIP As Gándaras
- Mércores 18/6: CEIP Sagrado Corazón
- Xoves 19/6: Escola Infantil Fingoi nº2


