Maite Ferreiro presenta as actividades que darán forma ao San Froilán Miúdo

Seguiranse os mesmos protocolos sanitarios que no resto de actividades

Maite Ferreiro: “queremos achegar a cultura de maneira segura tamén ás máis pequenas e pequenos”

 
Luns, 28 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta as actividades que darán forma ao San Froilán Miúdo

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou as actividades que darán forma ao San Froilán Miúdo deste ano. Ferreiro indicou que “se trata dun total de 12 actividades para achegar a cultura de maneira segura ás máis pequenas e pequenos”. Desta maneira, o aparcadoiro do Seminario converterase novamente nun espazo adicado ás familias, con espectáculos teatrais, musicais, de títeres, danza, maxia ou circo para todos os públicos. Maite Ferreiro afirmou que se trata de propostas “de calidade, premiadas e de recoñecemento”.

Os protocolos sanitarios serán de obrigado cumprimento nas actividades do San Froilán Miúdo. Para isto, todas as familias deberán retirar entrada previa, cun máximo de tres por persoa, na web municipal ou na Oficina Municipal de Turismo. Cada persoa deberá ocupar a mesma cadeira durante todo o evento e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e usar máscara. Unha vez iniciada a actividade non se permitirá o acceso ao recinto e, no caso de abandonalo, a cadeira non poderá ser ocupada por outra persoa.

Actividades do San Froilán Miúdo

DOMINGO 4

18.00 h. “O Cardume” de Xarope Tulú.

LUNS 5

12.30 h. “Superhéroe” de Culturactiva.

18.00 h. “Te veo” de Vaya+B-Side.

MARTES 6

18.00 h. “Oyún” de El Fedito.

MÉRCORES 7

18.00 h. “As bombas do Xeneral” de Tanxarina.

XOVES 8

18.00 h. “Forzu2” de Circo Chosco.

VENRES 9

18.00 h. “A nova maxialidade” do Mago Rafa.

SÁBADO 10

12.30 h. “+Ritmo” de Trío Detrés.

18.00 h. “O veleiro verde” de María Fumaça.

DOMINGO 11

12.30 h. “Pallaso” de AlbertVinyes.

18.00 h. “DolceSalato” de Circo Carpa Diem.

LUNS 12

12.30 h. “Paxaro amigo, músicas para a paz” de Mamá Cabra.

18.00 h. “Babo Royal” de Ganso & Cía.

Noticias relacionadas