Maite Ferreiro e Cristina López inauguran o festival We Tattoo, que difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos

O Festival conta coa participación de 5 negocios tatuadores lucenses, ademais de influencers e durante toda a xornada haberá animación musical e mostras das escolas lucenses de baile

Cristina López: "Seguimos promocionando á Praza e ao Mercado como espazos polivalentes nos que acoller distintas actividades para todos os públicos"

Sábado, 23 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro e Cristina López inauguran o festival We Tattoo, que difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a concelleira de Participación, Cristina López, acudiron á inauguración do festival de artes corporais We Tattoo, que se celebra na Praza de Abastos esta fin de semana. A concelleira de Participación destacou "a diversidade de actividades que pode acoller a Praza de Abastos e o Mercado Municipal, espazos polivalentes ubicados nunha zona privilexiada como é Quiroga Ballesteros".

O festival We Tattoo conta con cinco negocios de tatuaxes lucenses que realizarán mostras durante toda a fin de semana, entre as 11:00 e as 21:00. As xornadas contarán coa animación de influencers recoñecidos no mundo da tatuaxe e mostras das escolas Star Dance e Gravity, ademais de DJs e concertos. As persoas asistentes poden participar, ademais, en sorteos e coñecer máis de preto o traballo das e dos profesionais participantes.

Todas as actividades son abertas ao público e gratuítas. O programa completo pode consultarse na web https://superintencion.com/we-tattoo/.

Multimedia

  • Maite Ferreiro e Cristina López inauguran o festival We Tattoo, que difundirá as artes corporais esta fin de semana na Praza de Abastos

Noticias relacionadas