Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs na Praza de Santa María

A alcaldesa anima á cidadanía a participar nesta actuación tan especial que xorde tras a declaración da celebración como Festa de Interese Turístico Internacional

A cita, que será de balde, será o vindeiro 12 de maio, ás 12.30 hora, e está organizada por músicos da Escola Música Heiko en colaboración co Concello de Lugo.

Martes, 02 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs na Praza de Santa María

Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs. A actividade, organizada pola Escola de Música Heiko, en colaboración co Concello de Lugo, a través da área de Xuventude, xurde a raíz da declaración como Festa de Interese Turístico Internacional. “O fin desta iniciativa é totalmente lúdico e educativo, e con ela pretendemos que os nenos e nenas se divirtan facendo música, xa que a través dela foméntase a sociabilidade, a empatía e o traballo en equipo ao tempo que os implicamos na nosa festa de recreación histórica”.

A actuación, terá lugar o vindeiro 12 de maio, ás 12.30 horas na Praza Santa María, nun acto que, os seus integrantes “esperan impacientes e moi ilusionados” apuntaba a rexedora. Participarán alumnos e alumnas do CPR. Franciscanos Lugo, CPR. San José Lugo, CEIP. Aneja, CEIP. Manuel Mallo Mallo, CPR. La Milagrosa Lugo, CEIP. Paradai, Colegio María Auxiliadora-Salesianas Lugo, CEIP. Albeiros e Colegio Fingoy.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, engadía que, “traballamos durante todo o ano en alimentar a nosa recentemente declarada Festa de Interese Turístico Internacional, para seguir facéndoa cada vez máis e máis atractiva”, matizaba ao tempo que agradecía a implicación dos 44 músicos da Escola Heiko que levan preparando esta cita dende hai meses.

O evento, que será de balde, terá unha duración aproximada de unha hora e o repertorio incluirá catro composicións musicais que realzan a presencia de Roma en España, os asentamentos, o impero e o arte e a convivencia multicultural, todas seleccionadas para xerar nos diferentes ensaios un ambiente divertido para aprender, a través da musica, un pouco máis das orixes lucenses.

A rexedora animou a todos os veciños e veciñas de Lugo “a gozar deste concerto, que con tanta ilusión están a preparar”.

Multimedia

  • Máis de 700 alumnos e alumnas de nove centros educativos lucenses cantarán ao Arde Lvcvs na Praza de Santa María

Noticias relacionadas