Máis de 5.500 persoas gozaron das funcións da XVIII Mostra de Teatro Clásico do Concello

Incluíu 12 obras, 7 na sección off e 5 na oficial, onde a media de asistentes foi de máis de 400 persoas. A que máis interese espertou foi a de La Asamblea de las Mujeres, cunha asistencia de máis de 862 persoas

Mércores, 22 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Máis de 5.500 persoas gozaron da XVIII Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello, e que incluíu 12 obras -5 na sección oficial e 7 na sección off- dende o pasado mes de febreiro. En total, ás representacións da sección oficial asistiron unha media de máis de 400 persoas. A obra que máis interese espertou nesta edición foi a de La Asamblea de las Mujeres, cunha asistencia de máis de 862 persoas, e Soño dunha noite de verán, cunhas 440, o que da boa mostra da máis que positiva participación nesta programación.

Nesta edición da mostra, o Goberno apostou por xuntar actores, actrices e compañías de renome con agrupacións locais, dándolles máis participación, como Illa Ollo, Lucecús Teatro, Pinchacarneiro ou Palimoco, entre outros. Aínda así, a variación do público depende do electo artístico da obras. Ademais, incluíu outras disciplinas e formatos menores, como a ópera, co obxectivo de realizar un programa do máis variado posible.

Nesta edición tamén se cambiou de formato, debido ao éxito que sementaban as obras as pasadas edicións os sábados en comparación coas dos xoves, de aí que se buscase a celebración das obras da sección oficial as fins de semana, para garantir as mesmas oportunidades a toda a cidadanía. Celebrouse unha sesión pola semana, a do día 8 de marzo, enmarcada dentro do Día Internacional das Mulleres, así como espectáculos de pequeno formato na rúa, abertos á cidadanía.

Noticias relacionadas