Máis de 10.400 persoas gozaran dun total de 14 citas deportivas de diferentes modalidades con motivo do San Froilán

Un total de 14 citas deportivas de diferentes modalidades, entre as que se atopa o judo, voleibol, ciclismo, softball, baloncesto, fútbol, entre outras.

Repetto apuntou que nesta edición do San Froilan "máis de 2.000 persoas poderán gozar do deporte durante esas datas tan sinaladas”.

Venres, 23 de setembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 10.400 persoas gozaran dun total de 14 citas deportivas de diferentes modalidades con motivo do San Froilán

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, anunciaba no día de hoxe as máis de 14 citas deportivas que darán comezo esta fin de semana, con motivo das festas do San Froilán das que poderán gozar máis de 10.400 persoas.

Despois de manter diferentes encontros con membros das asociacións deportivas da cidade, Repetto destacou “a alta implicación, outro ano máis para ofrecer un programa con actividades deportivas de calidade e moi atractivas para tódolos públicos”.

Serán total de 14 alternativas deportivas de diferentes modalidades como, judo, voleibol, ciclismo, softball, baloncesto, fútbol, entre outras, terán lugar entre o 24 de setembro e o 15 de outubro na cidade de Lugo.
 
O edil destacou a aposta do Goberno de Lara Méndez, por impulsar actividades e a colaboración coas diferentes entidades, delegacións, clubs e asociacións que fomentan o deporte na cidade, tanto de forma profesional como no plano afeccionado.
 
Programación deportes San Froilán:

  • Sábado, 24 de Setembro: 47 Torneo De Judo San Froilán
  • Polideportivo Seminario Maior
  • Sábado, 24 de Setembro: II Torneo De Voleibol San Froilán
  • Casa Do Deporte
  • Domingo, 25 de Setembro: XXI Gran Premio Ciclista San Froilán    
  • Circuíto Rua Rof Codina
  • Domingo, 25 de Setembro: VIII Copa Softball San Froilán     
  • Campo Municipal de Béisbol do Ceao
  • Sábado, 1 de Outubro: Arenal Emeve - Avarca De Menorca    
  • Pavillón Municipal Dos Deportes
  • Domingo, 2 de Outubro: C.B. Breogán -Fuenlabrada    
  • Pazo Universitario Dos Deportes
  • Domingo, 2 de Outubro: Saltar Na Rúa    
  • Rua Quiroga Ballesteros
  • Sábado, 8 de Outubro: Arenal Emeve - Rotogal Boiro Voleibol    
  • Pavillón Municipal Dos Deportes
  • Sábado, 8 de Outubro: XXVI Torneo De Golf San Froilán    
  • Club Golf Lugo
  • Domingo, 9 de Outubro: II Torneo San Froilán De Petanca    
  • Pistas Municipais De Frigsa
  • Mércores, 12 de Outubro: Duran Maquinaria Ensino - Perfumerías Avenida
  • Pazo Universitario Dos Deportes
  • Mércores, 12 de Outubro: Cd. Lugo - Las Palmas    
  • Estadio Anxo Carro
  • Mércores, 12 de Outubro: Open San Froilán De Billar Pool    
  • Tempos Modernos
  • Sábado, 15 de Outubro: XX Open San Froilán De Dardos De Billar Pool    
  • Tempos Modernos

Noticias relacionadas