Luns micolóxico no centro Uxío Novoneyra o vindeiro 29 de outubro

Rosana Rielo e Julián Alonso presentaron a actividade, que arrincará ás 20:00 horas. Veciños e veciñas poderán levar setas para poder identificalas e aprender máis sobre o mundo da micoloxía, ou asegurarse de que son comestibles

Unha vez máis celebrarase o tradicional Mercado das Frores na Praza de Abastos pola festividade do Día de Defuntos. Este ano amplíase un día máis, e será o luns, martes e mércores, 29, 30 e 31 de outubro, dende as 08:00 ás 20:00 horas

Venres, 19 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Luns micolóxico no centro Uxío Novoneyra o vindeiro 29 de outubro

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron este venres, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a iniciativa conxunta Luns Micolóxico, que terá lugar o 29 de outubro, no centro de convivencia municipal Uxío Novoneyra dende as 20:00 horas.

Rosana Rielo, quen enxalzou o labor moi activo da asociación en canto a actividades relacionadas co mundo da micoloxía e coa protección da natureza, convidou a participar nesta xornada informativa e divulgativa, aberta á cidadanía, na que veciños e veciñas poderán levar  as setas que recolleron a fin de semana para poder identificalas e aprender máis sobre este mundo, ou ben simplemente asegurarse de que son comestibles.

A micoloxía é unha actividade en auxe, e cada vez son máis as persoas que por diversos motivos se achegan a este mundo. Por este motivo o Concello, en colaboración coa Sociedade Micolóxica, pon o seu gran de area para desenvolver unha actividade segura e responsable.

Julián Alonso, quen tamén chamou á participación nesta actividade, deu algunha indicación para participar nesta xornada, á que non recomendan levar cogumelos sen estar en bo estado nin en boas condicións.

Mercado das frores

Rosana Rielo tamén adiantou a celebración, unha vez máis, do tradicional Mercado das Frores na Praza de Abastos pola festividade do Día de Defuntos. Este ano amplíase un día máis, e será o luns, martes e mércores, 29, 30 e 31 de outubro, dende as 08:00 ás 20:00 horas.

Audio

Multimedia

  • Luns micolóxico no centro Uxío Novoneyra o vindeiro 29 de outubro
  • Luns micolóxico no centro Uxío Novoneyra o vindeiro 29 de outubro

Noticias relacionadas