Lugo quenta motores para a Semana Santa con andainas e cinema esta fin de semana

Os roteiros discorrerán polo Camiño Primitivo e polo casco histórico da cidade. A maiores, o Concello oferta a ruta Castelos e Ordes Militares no Camiño de Santiago. Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo

O Vello Cárcere acollerá proxeccións de películas, cunha sesión dedicada aos máis cativos. Ademais, o Concello amplía o horario da súa rede museística municipal dende este sábado ata o domingo 16 de abril

Venres, 07 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo quenta motores para a Semana Santa con andainas e cinema esta fin de semana

O Concello de Lugo ten programado para esta fin de semana distintas actividades culturais, que foron anunciadas este venres pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Así, mañá sábado, a partir das 12:30 horas, celebraranse andainas guiadas gratuítas, tanto polo Camiño Primitivo como polo casco histórico. Ademais de mañá, terán lugar o domingo día 9, e dende o día 13 ao 16. Con estas visitas, o Concello quere impulsar o tanto o camiño Camiño Primitivo como revelar a historia do seu casco histórico e arredores. O primeiro dos roteiros discorrerá pola Praza de Armañá, Praza da Soidade e Praza de Santo Domingo, para continuar pola rúa do Teatro e subir á Muralla. Tras o paseo pola Muralla, baixarase pola Praza do Cantiño, e dende aquí polo Camiño Primitivo, para continuar toda a rúa San Pedro e Praza Maior, e por último, visitar a Catedral.

No que se refire á andaina polo centro de Lugo, pasarase polas prazas principais e visitaranse instalacións como a Casa dos Mosaicos, e monumentos como a Muralla e a Catedral. En concreto, empezará pola Praza do Campo, rúa Miño ata Porta Miñá, paseo pola Muralla, ata descender pola rampa de Santiago, para atravesar a Porta co mesmo nome, e baixar cara as Termas Romanas e a Ponte Romana.

Todas as persoas interesadas en realizar estas andainas, que terán como punto de saída a Praza do Campo e cunha duración estimada dunhas dúas horas, deben concertar a súa visita na Oficina Municipal de Turismo de Lugo ou no teléfono 982-25-16-58.

Outras das andainas que ofrece o Concello este domingo é a de Castelos e Ordes Militares no Camiño de Santiago. O punto de partida e de chegada é a parada do bus urbano situada na rúa Anxo López Pérez, e as horas aproximadas de saída e chegada son as 10:30 e 19:00 horas. Todos os interesados en asistir poden inscribirse no Centro de Interpretación da Muralla, na Praza do Campo.

Outra das alternativas para esta fin de semana é cinema no Vello Cárcere. Proxectaranse as películas Nazarín, de Luis Buñuel, e A Vida de Brian, de Terry Jones. Serán o sábado ás 21:00 horas e o domingo, ás 18:00 horas, respectivamente, no auditorio deste edificio. Este domingo, ás 12:30 horas, os máis cativos tamén terán sesión de cine, co filme A canción do mar, de Tomm Moore.

Horarios dos museos

O Concello amplía o horario da súa rede museística municipal dende este sábado ata o domingo 16 de abril.

CIM – Oficina Municipal de Turismo

  • Luns, martes e mércores: de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas
  • De xoves a sábado: de 11:00 a 19:30 horas 
  • Domingo: de 11:00 a 18:00 horas

MIHL

  • Luns pechado 17 de abril
  • De martes a sábado: de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas
  • Domingo de 17:00 a 20:00 horas

Casa dos Mosaicos

  • De luns a sábado de 11:00 a 13.30 e de 16:00 a 19:30 horas
  • Domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas

Domus do Mitreo

  • De luns a sábado: de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
  • Domingo de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas

Sala de Exposicións Porta Miñá

  • De luns a sábado: de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
  • Domingo de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas

Centro Arqueolóxico de San Roque

  • De luns a sábado: de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas
  • Domingo de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas

Noticias relacionadas