Lugo condena o atentado terrorista no maior aeroporto de Estambul

Mércores, 29 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo condena o atentado terrorista no maior aeroporto de Estambul

A Corporación municipal de Lugo, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, e o deputado provincial Álvaro Santos, participaron na concentración e minuto de silencio que tivo lugar este martes diante da casa consistorial en repulsa polo atentado terrorista perpetrado onte no maior aeroporto de Estambul, Atatürk, un dos máis transitados do mundo, no que perderon a vida polo menos medio centenar de persoas e resultaron feridas máis de 230. A rexedora expresou a “condena total e absoluta a calquera tipo de acto violento que atente contra as persoas, independentemente das súas crenzas, raza, posicións ideolóxicas ou sexuais. Ten que primar sempre a liberdade das persoas”. “Estamos nun momento convulso e desde as administracións debemos implicarnos ao máximo na medida das nosas responsabilidades para intentar paliar todo tipo de violencia”, subliñou Lara Méndez.

Audio

  • Declaracións de Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo| Descargar mp3

Noticias relacionadas